Tempo atrás, hai cousa de 3 meses, en Abordaxe fixeramonos eco da denuncia na web da Campaña Cárcere=Tortura dos Grupos de apoio a presxs de Galiza sur, Galiza norte, Barcelona, Lleida, Sevilla, Madrid, Salamanca, Valladolid e Granada, ao respeito das graves agresións machistas e acoso a distintas compañeiras e en diferentes vilas e cidades e de xeito reiterado, cometidas por Baldomero Lara Sánchez, "Baldo", dende a sua saída da prisón, aproveitándose da confianza depositada nele como membro activo dende dentro dos muros da Campaña Cárcere=Tortura.
Agora recollemos da mesma web da Campaña o Comunicado asinado por Juan Carlos Rico, compañeiro anarquista recoñecido pola súa coraxe e solidariedade demonstradas ao longo de muitos anos nunha luita direita contra os cárceres e os carcereiros e participante na Campaña Cárcere=Tortura, na actualidade encirrado no CP Aranjuez, e que di así ao respeito das agresións cometidas por Baldo:
Parece mentira que se convertese nun TORTURADOR de mulleres, ou xa o era cando estaba no cárcere? Que saiba que procure NON CAER de novo (se é certo o que din as compañeiras, que non teño por que esquecer as súas palabras) pois non o vai levar nada ben e dicídelle que dende aquí non queremos que participe en ningún acto a/en favor de nós, xa que eu, Juan Carlos Rico Rodríguez, non quero ter que ver NADA con violadores, pederastas e maltratadores/torturadores de mulleres, non quero nin teño nada que comprender en relación a estas animalias.
É máis, sento especial ODIO e REPUGNANCIA por estes tipos, ou sexa que saiba a xente que nós con fillos de perra desta catadura moral non queremos saber nada e que no noso nome esta perra de BALDOMERO LARA SÁNCHEZ nin fale. É máis o mellor que pode facer é esfumarse e que procure NON CAER PRESO.
Dádelle sen piedade e que isto valla para non "se abrir ao primeiro que chegue" por moita cárcere que pagase.
Ademais este elemento, aquí no cárcere, primeiro que talibáns, despois que Latin King, en definitiva que ten unha empanada mental que non vexas. Ademais de que é covarde, como xa demostrou en Topas.
O dito Baldomero, procura pirarte para Málaga, porque non NOS GUSTABAS e agora GÚSTASNOS MENOS...TÚ MESMO, MALTRATADOR DE MULLERES.
Asinado: Juan Carlos Rico Rodriguez
.......................
Para contactar con Juan Carlos:
Juan Carlos Rico Rodriguez
CP Madrid VI
Ctra. Nacional 400 Km.28
cp 28300 Aranjuez (Madrid)
(colado e traduc x eDu)
Todo lo que se cuenta de Lara.es cierto
ResponderEliminarincluso hay cosas más oscuras que ni pueden contarse por aqui
Lara aprovechando que nadie va a denunciarle sigue haciendo barbaridades muyy gordas en el terrno sexual
porke por lo demás;ni anarquista,ni na
solo un cateto ladron y abusador