Dende A Xuntanza Antiprohibicionista fixeronos achegar esta entrada ao respeito da festividade de San Kanuto, que como cada ano dende hai..., veñen celebrando en Compostela. Ademais de recibir o convite para participar nos actos, tambén nos fixeron chegar a convocatoria da Manifestación que partirá da Praza de Galiza ás 12:30h sob a lenda "Sobran Motivos" e o Manifesto da misma onde reclaman que OUTRA POLÍTICA DE DROGAS É NECESARIA. NON Á PROHIBICIÓN!.
Colamos de seguido ditas Convocatorias:
San Kanuto 2014
Este ano 2014 chega con aires de cambio en políticas de drogas: Colorado comezou o primeiro día do ano con grandes colas de usuarios nos novos dispensarios de cannabis para uso lúdico escapando así do mercado negro, en Uruguay situación semellante aíndSanka2014(1)a que baixo o total control estatal, en Marrocos o debate xa chegou ao parlamento… e así con tímidos pasos parece que se intúe un cambio a nivel planetario.
En todos lados… non! un estado dirixido por irredutibles gobernantes resiste aínda e sempre as gadoupas da razón, e lonxe de afastarse das políticas prohibicionistas que son o verdadeiro “problema da droga”, pretenden coa súa Lei Mordaza -ademais de restrinxir as protestas sociais- incrementar as sancións por consumo e tenencia, crear un ficheiro de sancionados e perseguir o autocultivo.
Por esta razón e porque creemos que abonda de experimento prohicionista que leva máis miseria e mortes á súa espalda que a máis nociva das sustancias psicoactivas, dende a Xuntanza Antiprohibicionista queremos converter este San Kanuto 2014 na expresión das voces das que estamos fartas e das que sabemos que é preciso un cambio nas políticas de drogas, así que convidámosvos a participar desta xornada reivindicativa, informativa e por suposto lúdica.
O programa para este ano:
Domingo 19 de Xaneiro:
12:30h – Pz Galicia – Manifestación:
OUTRA POLÍTICA DE DROGAS É NECESARIA. NON A PROHIBICIÓN!
14:30h.- Xantar (se chove será na Sala Nasa) e Xogos (se o tempo o permite)
17:00h.- Sala Nasa - Charla: Prohibición: Historia dun fracaso e Alternativas
20:00h.- Sala Nasa - Concertos:
Tomás Son Tribal (Didgeridoo)
The Fabulous Resaca Brothers (Blues)
Golpe Radical (HxC)
Tamén contaremos coa presenza de “Educando no lecer” colectivo que traballa no ámbito da diminución de riscos asociados ao consumo, e o “Bloco da Escola Prucupá de Trópico de Grelos” que animarán a xornada cos seus ritmos de Samba, Samba reggae e Reggae bahiano.
(Non deixedes de consultar o programa porque pode estar suxeito a algunha pequena modificación)
Manifestación do San Kanuto 2014: Sobran motivos:
O experimento prohibicionista fracasou. Ben lonxe de acadar o seu obxectivo dun mundo libre de drogas, as políticas represivas o que conseguiron foi a maior dispoñibilidade histórica de drogas, e máis miseria e morte que a máis perigosa das sustancias psicoactivas.
O verdadeiro “problema da droga” en realidade non é máis que os efectos perversos ocasionados pola Prohibición:
aparición de grandes grupos criminais e as drogas coma principal fonte de ingresos
violencia chegada a extremos límite en lugares de declarada “guerra ás drogas” -case 20.000 vítimas da militarización do problema en México-
corrupción en gobernos e corpos de seguridade tanto nas zonas produtoras, coma no destino final
escusa como arma xeoestratéxica -Colombia, México, Afganistán…-
delitos ecolóxicos nos lugares de produción e elaboración
cárcere -máis de 100.000 persoas encadeadas en Europa por delitos relacionados con drogas-. Sendo as condenas máis fortes contra quen, pola súa situación marxinal, ten menos posibilidades de defensa
recursos dedicados á represión en lugar de educación ou sanidade
reiterado ataque ás liberdades individuais
falta de información e polo tanto indefensión dos consumidores
e finalmente o perigo para a Saúde Pública ante a falta de controis de calidade e pureza
Sabemos que os motivos da Prohibición non atenden a razóns de carácter científico se non a discursos moralizantes, xenófobos e a loitas polo poder económico e político.
Por todo isto non podemos consentir que esta situación se prolongue, e dende a Xuntanza Antiprohibicionista queremos converter este San Kanuto 2014 na expresión das voces das que estamos fartas e queremos UN CAMBIO NAS POLÍTICAS DE DROGAS XA!.
NON Á PROHIBICIÓN!!
DROGAS CEIBES!!
Convidamosvos a participar na Manifestación do Domingo 19 de Xaneiro:
OUTRA POLÍTICA DE DROGAS É NECESARIA. NON Á PROHIBICIÓN!
Que partirá da Praza de Galiza (Compostela) ás 12:30h e está incluída dentro dos actos do San Kanuto 2014 aos que, por suposto, estades tamén convidadas.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario