Colamos esta información recabada de RadioUChile e BioBioChile:
No despexe nove menores de idade foron detidos, entre eles un neno de tan só tres anos de idade; un feito que os dirixentes da zona consideran "único e insólito no marco da represión policial contra o pobo mapuche".
A ocupaçom do Fundo Santa Filomena comenzou na madrugada do 6 de xaneiro pasado por parte da comunidade Liempi Colipi debido ao incumprimento dun compromiso que adoptara a Conadi (Corporación Nacional de Desarrollo Indígena) de comprar un fundo aledaño para compensar a reivindicación de terras, polo que levaban esperando dende hai máis dun ano, o que xustamente motivou a manifestación e posterior ocupación de terras.
O fundo reclamado polos mapuche é de 600 hectáreas, o cal "continuará baixo ocupación permanente polos seus lexítimos donos", segundo expresan os seus representantes de base.
Nese sentido fixeron un chamado urxente á opinión pública, os organismos de protección da infancia e os dereitos humanos para denunciar e facerse presente na zona.
Xunto aos 9 menores tambén foran detidas outras 25 persoas e todas foran trasladadas ata a Comisaría de Cauracautín onde foron deixadas en liberdade á espera de ser citados pola xustiza.
eDu
No hay comentarios:
Publicar un comentario