Colado e traducido de ContraInfo
Hoxe, a un día da detención da compañeira Sol tras a botada vendeta en contra dun mercenario garda do Banco Estado, sentímonos chamadxs a levantar a voz por ela, non só polo sangue que corre polas súas veas, senón que sobre todo pola decisión de loita que a levou a desafiar de fronte ao poder, que a fixo reivindicar a caída en combate do noso compañeiro antiautoritario Sebastián Oversluij Seguel, logrando instalar unha vez máis a certeza de que isto é unha guerra cotiá contra o Estado e o Capital. Deixar espazos para dúbidas, deixar espazos para que a prensa burguesa desate as súas ilusións patriarcais de "crimes pasionais e celos" tan só porque se trata dunha muller, é non facer eco da valentía e conciencia revolucionaria que levaron á compañeira a actuar directamente. Gardar silencio fronte a un berro de ¡vinganza! é esquecer que a primeira reacción cando nos golpean debe ser devolver o golpe, dende a multiplicidade de formas que existen para iso.
Que as policías e a prensa barallen as teses que queiran barallar ao respecto, que a fiscalía busque as vinculacións e desate a súa maraña xurídica tal cual véno facendo dende hai algúns anos, que a cidadanía exclame horrorizada unha vez máis que se trata dxs mesmxs delincuentes de sempre...Nos, os seus e as súas compas, non necesitamos rebuscar demasiado para entender, para encontrala neste camiño cara á liberación total, tal como encontrámola levantando a memoria dos mozos combatentes Eduardo e Rafael, tal como encontrámola conmemorando a Pablo e Aracely, tal como encontrámola en actividades solidarias por nosxs compas en prisión; hoxe, non necesitamos máis que os seus xestos para recoñecela como irmá nesta práctica antagonista e subversiva: o seu presente de loita fálanos de quen é ela coa mesma forza que o fai a súa historia familiar cargada de dignidade combatente.
Cremos que estas liñas son un sinxelo xesto por evitar que o silencio -tan cómplice de algunxs- ou a labia barata -tan cómoda para outrxs- rematen por deixar nunha simple noticia policial ou no comidillo diario a detención da nosa compañeira. Sabemos que as palabras cando non levan consigo unha práctica consecuente non son máis que papel e tinta desperdiciada. Polo mesmo, dende o Colectivo Anticarcelario Vuelo de Justicia non nos queda máis que volver práctica o noso discurso e acompañar cunha solidariedade cotiá e rebelde á compañeira Sol no seu paso -esperamos que corto- pola prisión.
Dende esta fronte de loita, enviamos toda a nosa forza e apoio á compañeira, axs carxs avxs Luisa e Manuel, á súa nai e a toda a súa familia. Que a chama da dignidade rebelde que xs acompañou sempre non se apague nin por un segundo. Saiban que non xs deixaremos sos.
Porque instalaches unha vez máis a certeza de que cando diriximos as nosas vidas cara á liberación total, a insurrección é permanente!
Porque a túa acción e o teu berro de vinganza esgazaron o silencio, agretaron os muros que encerran xs nosxs e nos impulsaron a continuar con máis forza esta guerra a morte!
Porque para ti ningunha agresión é sen resposta, hoxe a resposta será por ti!
COMPAÑEIRA TAMARA SOL FARÍAS VERGARA QUERÉMOSCHE INDÓMITAMENTE LIBRE!
No hay comentarios:
Publicar un comentario