Reproducimos (traducido) este interesante texto para reflexión e debate que limos en "El Retroceso" e que tomou como fonte a tradución ao castelán no blogue do "Grupo Bifurcacion" extraído á súa vez do fanzine alemán FREIRAUM nº26:
O Estado proxeneta mostra a súa cara hipócrita e democrática e sopesa a decisión de conceder ao meu "sector laboral" o dereito á propia explotación: pagar impostos, "integrarnos“ na sociedade é a palabra máxica e desgraciadamente, moitxs colegas estano literalmente mendigando.
Pero hai xa tempo que me tomei os meus dereitos por min mesma e a vida como eu quero, sen pedir permiso a ninguén. Ser un membro máis? Xa me vale cos membros que vexo ao longo do día. Para min a sociedade baséase nunha enorme prostitución: homes e mulleres que, diariamente, á mesma hora, marchan cara aos seus postos de traballo, co mesmo aburrimento, coa mesma fatalidade, que se prostitúen sós ou en grupo (espírito de equipo!) para que toda esta merda continúe aguantando. Pequen@s empregad@s ou yuppys, tod@s @s cidadáns decentes teñen ao final algo en común: desprezan as inmorais putas como eu, que van traballar ben por decisión propia ou pola necesidade do diñeiro. Pero quen non vai traballar pola necesidade do diñeiro?
Seguramente, o mundo da noite, aínda que lle guste parecer tan atractivo, ten tamén os seus aspectos negativos. Non deixa de ser un reflexo da súa violencia, que se esconde hipocritamente durante o día tras a fachada dunha cultura moralista. Os nosos clientes non son outros máis que o teu xefe, o teu compañeiro de traballo, os teus coñecidos, veciños e cada vez máis, as súas mulleres e amigas.
Pero o que máis me molesta, máis que esta ignorante, envexosa e hipócrita sociedade, son esas discusións psicolóxicas, que tamén en parte se realizan na "escena" de esquerdas ou feminista. Alí trátasenos como as "pobres" prostitutas, golpeadas polos seus chulos e violadas polos seus malos e perversos clientes (sobre as clientas parece que se cala conscientemente, ou se descoñece por ignorancia a súa existencia).
A miúdo pregúntome de onde sacará esa xente os seus coñecementos, xa que ningunha destas compañeiras ou compañeiros gozou dunha reunión comigo ou sequera me preguntaron por que prefiro traballar de pé na rúa a sentada nunha oficina.
Para min isto invalida a quen di loitar pola liberdade e a revolución, porque non me recoñecen como ser individual o dereito e a capacidade de tomar as miñas propias decisións, e imaxínanme como unha persoa parva, débil e digna de compaixón. A prostitución infantil é algo penoso, xa que unha crianza non pode decidir que quere facer e que non. Pero, por que ninguén fala das crianzas ás que diariamente se idiotiza nos colexios e gardarías para que cando sexan maiores se convertan en alegres consumidores e en eficientes prostitutas no sistema produtivo para o chulo do Estado? Por que ninguén fala das crianciñas que ven a luz no mundo nas (democráticas) cárceres onde están encerradas as súas nais? Non paga tanto a pena falar diso? Xa, quizais moit@s dest@s super-revolucinari@s de boquilla non teñen nin idea de que moitas crianzas pasan os seus primeiros anos de vida no cárcere, e que logo, dun día para outro, son arrancadas do cariño da súa nai, e todo isto en nome dunhas atencións que calquera de nós rexeitaría.
Ademais, existe unha gran diferenza: nós as putas abrimos as pernas e deixamos un integrante desta sociedade que faga o que nós queiramos, e nada máis. Unha sociedade que grazas ao seu traballo asalariado posibilita un sistema que atormenta e mata persoas e animais, que co diñeiro dos seus impostos financia guerras, que destrúe o medio e ben, todo o demais que vós xa deberiades saber mellor ca min, que non son máis que unha parva, inmadura e inútil puta. E a moral, ou sentenza desta historia non existe, xa que a súa moral é noxenta. Á merda coa súa moral!
Extraído do fanzine alemán FREIRAUM nº26
No hay comentarios:
Publicar un comentario