Colamos nota de prensa recibida de STOP Desafiuzamentos A Coruña onde fan públicas as vindeiras convocatorias pertinentes de apoio á cidadanía en perigo de desafiuzamento para hoxe venres (concentración de apoio as familias de Elviña-Galán afectadas polo Parque Ofimático), sábado (asamblea de afectadas as 17 h) e luns (reunión das familias de Elviña-Galán coa concellería de urbanismo desa cidade) e que di o seguinte:
Aproveitando a reunión que vai ter lugar o próximo luns día 13 ás 11h na Concellería de Urbanismo coas familias de Elviña-Galán afectadas polo Parque Ofimático, queremos recordar a situación de indefensión e vulnerabilidade na que se atopan.
Mentres o Concello segue negándose a dar unha solución colectiva e consensuada, a veciñanza de Elviña sufre o acoso inmobiliario en forma de excavadoras, paleadoras e explosións ó carón das súas casas, facendo peligrar a integridade das vivendas cando aínda seguen habitadas.
Por todo isto apoiaremos mañán a concentración que coma cada venres ás 14h vén convocando a veciñanza xunto a Igrexa de Elviña (á beira da Avenida Alfonso Molina) para reclamar unha solución global á súa situación.
Asemblea de persoas afectadas
O vindeiro sábado 11 de Xaneiro as 17 horas terá lugar a terceira asemblea de persoas afectadas por desafiuzamentos na cidade da Coruña. A través destes encontros dende STOP Desafiuzamentos A Coruña procuramos facer unha análise conxunta das problemáticas, compartir información útil, reforzar a solidariedade e pensar accións colectivas.
STOP Desafiuzamentos A Coruña
No hay comentarios:
Publicar un comentario