Damos pulo a esta convocatoria que recibimos de Stop Desafiuzamentos Coruña :
O 2007 marca pra moitas voces, o comezo dunha crise manifesta na sociedade galega e no estado español. O motor de producción e reproducción social do mundo capitalista en forma de crédito, veuse abaixo. A especulación financieira cun ben básico coma a vivenda, orquestada polos poderes bancarios en connivencia cos diferentes gobernos que dende 1978 ocuparon o poder, esgotouse e visibilizouse en forma de estafa bancaria.
Milleiros de familias non so véronse expulsadas do sistema de consumo e satisfacción de necesidades imperante, so facilitado polas rendas do traballo da ampla e maioritaria baixa clase social, se non que veron coma suas vidas tiñan o valor do crédito ao que podían facer fronte.
Namentres os bancos estafaron, enganaron, e na actualidade desafiuzan e ameazan ás persoas e familias en situación de carestía e vulnerabilidade, que tan so anos atrás, era garantía pra liberalización do acceso a un crédito que sempre foi impagable. Os poderes públicos destinan enormes sumas de diñeiro (9500 millons a NCG, 23465 a BANKIA...) que chegan ate mais de 40mil millons no rescate bancario do Estado español. Rescate ás institucións do sistema, non as persoas e familias atacadas, utilizadas e valoradas polos mesmos bancos que roubaron e xogaron coma trileiros coas nosas vidas.
Na mañan de hoxe venres 13 ás 12:00H no Obelisco convidamos a asistir ó roteiro contra o terror bancario, que estafa, rouba e ameaza a nosa simple existencia.
Porque nesta cidade non se desafiuza. E sobretodo, porque NON É UNHA CRISE, É UNHA ESTAFA. Convirtamos as rúas nos nosos parlamentos, os bairros nas nosas fortalezas e a vivenda no noso dereito.
STOP DESAFIUZAMENTOS A CORUÑA
No hay comentarios:
Publicar un comentario