27 dic 2013

100 millóns de animais

Actualmente a experimentación, en nome da ciencia, practícase en animais, pero ao longo da historia da humanidade a experimentación non soamente foi realizada en animais senón en seres humanos, na sociedade contemporánea existe algo chamado “ética” onde non se permite e négase na historia a experimentación en humanos, algúns exemplos na historia deste tipo de experimentación consistiron en probar materiais radio activos para comprobar os seus efectos terapéuticos, por exemplo inxeccións de plutonio, que fóron realizadas de forma secreta dende 1944 en Boston e outras cidades norteamericanas.

Entre 1945 e 1949, 820 mulleres embarazadas de baixos ingresos económicos recibiron doses de ferro radiactivo na Universidade de Vanderbilt.

En 1963, 131 presos dos Estados de Oregón e Washington recibiron 200 dólares cada un por deixarse expoñer a radiacións nos testículos que eran cen veces superiores ao máximo permitido ao ano para os traballos nas centrais nucleares.

En 1949, os Institutos Nacionais da Saúde introduciron pequenas doses de radio actividade no almorzo de nenos con retraso mental dunha escola de Waltham, en Massachusetts, para estudar a absorción de ferro polo organismo.

Nos tempos do apartheid en África do Sul, os militares gays e lesbianas fóron obrigados a someterse a electro choques, castracións químicas e incluso mudanzas forzadas de sexo para erradicar a homosexualidade no exército. Estímanse 900 cambios de sexo forzosos entre mozos reclutas de 16 a 24 anos de idade.

A unidade 731 era unha sección secreta do exército imperial xaponés durante a segunda guerra mundial.
Algunhas das atrocidades cometidas por esta unidade son: a vivisección de persoas vivas, incluíndo mulleres que previamente embarazadas por inseminación artificial, amputación de membros que eran trasplantados a outras partes do corpo, conxelación de partes do corpo para analisar a gangrena producida, inxección de enfermidades baixo a excusa de que eran vacinas, infección deliberada de enfermidades de transmisión sexual, como sífile ou gonorrea para estudar os efectos en persoas sen tratamento, etc..
En razón da inmunidade concedida pola firma do tratado de paz, os responsables destes crímenes nunca foron levados a xuízo nin pasaron tempo algún en prisión.

Os campos de exterminio onde millóns de persoas, principalmente xudeus e ciganos, fóron asasinados, os nazis realizaron moitos outros experimentos cunha pretendida finalidade científica.
ISTO É SOAMENTE UNHA PARTE DA HISTORIA, PEQUENOS EXEMPLOS DE HORRORES ESQUECIDOS, nesta época de liberdades democráticas, no nome da ciencia e o progreso, séguese practicando a filosofía do castigo, e o home e asumido como o eixo central da historia.

A vivisección é unha práctica cruel con animais vivos usados para experimentar distintos productos impostos pola sociedade consumista onde os únicos beneficiados son:

*universidades, hospitais e industrias privadas que reciben millóns en diñeiro dos impostos cada ano en forma de fondos para investigación e financiamento da experimentación en animais.
*A industria privada, incluíndo os criadores de animais e proveedores de comida, gaiolas e equipamento para laboratorios.
*As compañías farmacéuticas e químicas.
*Políticos que reciben pagos dos lobbies da vivisección.
*Empresas que prestan servicios para o coidado da saúde.
*vivisectores remunerados.
Deixando de lado ao ser que sinte, centrándose soamente nas súas ganancias económicas.

As estatísticas din que dos animais usados para a vivisección, aproximadamente o 60% son destinados a probas de cosmética, o 30% a probas militares e un 10% para medicina. E isto sen ter en conta as prácticas realizadas nalgunhas faculdades e os experimentos levados a cabo pola industria tabacalera.
Do 10% usado para a medicina só un 2% das experimentacións son positivas, polo tanto hai mais probabilidades de acerto tirando unha moeda.

No campo dos productos cosméticos os animais son sometidos a innumerables probas e experimentos para determinar a seguridade destes productos, de aseo persoal e hixiene. Espumas de afeitar, champús e dentífricos son introducidos a presión nos estómagos dos animais; provócanlles inhalacións de tintes para o pelo; sustancias volátiles son rociadas sobre pel e ollos ao que lle chaman -test Draize- Outras probas, como a da dose letal, causan terribles feridas e inclusive a morte. En ocasións, estes experimentos ocultanse tras slogans como: “clínicamente testado” ou “testado baixo control dermatológico”.

Os experimentos militares van dirixidos máis que nada a probar os efectos de gases velenosos, efectos da descompresión, danos por armas explosivas, queimaduras e radiacións, xa que evalúan sobre o terreo o novo armamento e as técnicas quirúrxicas. Son usados sobre todo cabalos, porcos e ovellas.

A industria tabacalera, máis que nada usa a experimentación en animais, para probar a toxicidade da nicotina e o alquitrán antes de lanzar ao mercado diversas clases de cigarrillos. Os experimentos varían entre forzar a monos e cans a inhalar o fume dos cigarros para comprobar os efectos do tabaquismo no funcionamiento sexual, áta administrar nicotina a ratas, vía intravenosa, de maneira constante.

Na medicina, os experimentos son efectuados con supostos fins científicos para mellorar a saúde humana. En Uruguai, a vivisección practícase no Instituto Pasteur de Montevideo, fundado no ano 2006, dependente do instituto do mesmo nome en París, Francia. No Instituto de Investigaciones Biológicas “Clemente Estable”. Así como a Dirección de Laboratorios “Miguel C. Rubino” e o Instituto Nacional de Investigación Agropecuaria, ambas dependentes do Ministerio de Ganadería, Agricultura y Pesca. Estes se encargan de promover a innovación científico-tecnolóxica do sector agropecuario uruguaio e contribuír á sustentabilidade da producción agropecuaria. Os mencionados institutos posúen os seus propios bioterios, nos que se crían os animais cos que posteriormente levan a cabo os seus experimentos.

Propoñemos ser críticos, saíndo do acomodamento e da aceptación de todo o que se nos impón…
Tamén sostemos que a vivisección pódese combatir de moitas formas; difundindo información de cómo as persoas poden involucrarse na oposición á vivisección. Tamén, boicoteando e saboteando empresas e servicios que usen animais como obxetos de experimentación, dando a coñecer os nomes das empresas, realizando ou apoiando diferentes actividades.

Os animais no laboratorio morren baixo os piores tratos e torturas, nun réxime autoritario, que baixo ”normas de moral” e ”códigos éticos” ensínanos que eles torturan por nós, polo noso “ben colectivo”…

Como individuos en xeral; estamos en contra da sociedade de consumo, propoñemos abolir toda a dominación que o sistema impón a todos os animais humanos e non humanos, Denunciamos a todos os centros no nome da ciencia son cómplices da tortura en todas as institucións que sosteñen e fomentan este tipo de dominación.

Non haberá liberación humana sen a liberación animal..!

Tirado de vivalaanarquia.wordpress.com/

Traducido por Mowgli


1 comentario: