Publicamos esta información que nos facilitou o compañeiro de "Rebelión de las Palabras" para poder aceder a leitura ou descárrega deste moi interesante manual (en castelán) que acaba de editarse.
A información que segue sobre a presentación deste libro, foi elabourada polo compa (e traducida por nos), así como o enlace para visualizar ou descarregar o libro, que se aloxa no blogue do compañeiro (ACÁ).
Esperamos sinceramente con este manual, contribuir a extender unha cultura de seguridade nos nosos entornos.
Nun mundo que se parece cada día máis a aquela distopía orwelliana, onde a intimidade non existe e madeiros, cámaras de videovixilancia e servidores de rede almacenan e vixían os nosos pasos e datos na rede e na rúa, cubrirnos as costas é cada día máis importante. Crear,
manter e actualizar unha cultura da seguridade e o anonimato é tarefa de todxs. A maioría de espazos web que a sociedade utiliza diariamente con total normalidade e frecuencia forman parte dunha armazón corporativa orientada ao control e etiquetaxe das usuarias.
Nesta sociedade a información é poder, e polo tanto unha mercadoría moi valiosa suxeita a unha lóxica de mercado. Entidades fantasma almacenan e venden os nosos datos persoais, os nosos gustos, os nosos medos e os das persoas coas que nos relacionamos, para crear máis campañas de mercadotecnia, e aprender a manipular os nosos desexos con máis sutileza e eficacia. É triste, pero hai computadoras que saben máis de nos que muitxs de nosxs colegas. Ademais, brigadas policiais especializadas meten o seu fociño porcino (con perdón axs porcxs, animais adorables que non merecen ser comparadxs con madeiros) nos nosos correos electrónicos, nos nosos perfís de redes sociais e nas nosas conversacións de chat; Direccións IP actúan como un xeolocalizador delatándonos... E nos convertémonos en cifras atrapadas na rede.
Se utilizamos a tecnoloxía para os nosos obxectivos, para poder comunicarnos e difundir con rapidez contidos e información sobre a loita e revoltas que se desenvolven en todo o planeta contra este sistema podre, entón debemos aprender a usala.
Se tomamos medidas para seguir sendo invisibles nos nosos ataques ás súas estruturas, tapando o noso rostro e non actuando con ninguén que non estea entre un círculo exclusivo de persoas afíns e de confianza, tampouco podemos deixar fragullas de pan que leven aos madeiros ata nos cando usamos Internet. Aprendamos a autodefendernos das súas intrusións, tomemos Enoch unha vez máis e curtocircuitemos a máquina volvéndonos silenciosxs, ferxs e eficaces no físico e no virtual.
O libro poderase adquirir en papel en breve, xa que se está a editar grazas ao traballo da Libraría Libertaria "Còpia i Difón" de Barcelona. Para encargos podédesvos dirixir a xs compas de www.resistenciavegana.es.
Os beneficios do "Manual de Seguridad Informática" irán dirixidos a contribuír con proxectos de seguridade informática, de colectivos como riseup.
"Durante o proceso de elaboración desta guía, a noticia da morte dun compañeiro e amigo sacudiu os corazóns de todas as persoas que tiveron o privilexio de telo coñecido. O seu nome era URI CABALEIRO. Así que este libro está dedicado á súa memoria. E aínda sabendo que nin con mil libros máis poderiamos honralo como se merece, esta é o noso xeito de negarnos a despedirnos xa que sempre estará con nos...
Llarga Vida Uri,
Mai t'oblidarem!!"
Compas, o enlace está mal. Deixo o enlace correcto:
ResponderEliminarhttp://vozcomoarma.noblogs.org/files/2013/10/Libro_Manual_Seguridad_inform%C3%A1tica_Activistas.pdf