10 oct 2013

Procesan Rogelio Martínez, o delegado de Feijoo para Ourense por malversación de fondos e falsidade documental

O Xulgado de 1ª Instancia e Instrución de Ribadavia ditou onte un auto no que confirma que Rogelio Martínez terá que sentar na bancada de acusados para ser procesado por malversación de fondos e falsidade documental.

Quen fora, tras as elecións municipais de 1979, o alcalde máis novo de España, con "mando" no Concello da Arnoia durante 30 anos, que só abandonou em maio de 2009 para "ascender" a delegado da Xunta por Ourense, foi deses pepeiros provintes de AP que compitiu con Baltar (que procedia de Centristas de Galicia)como home forte do PP na provincia.

Rogelio Martínez compartillou o cargo de acalde con a presidencia da Mancomunidade do Ribeiro, a portavocía do PP na Diputación (mesmo foi vicepresidente nos últimos anos) e a presidencia do grupo encargado de xestionar os fondos Leader da UE. Con estes cargos non lle resultou dificil recibir máis de 51.000 euros de fondos estruturais da Unión Europea para proxectos que non se realizaron, entre eles concederlle a unha empresa "da súa propiedade" -Autuar-diversas axudas para a realización dun central de biomasa que nunca se executou. Ademais, está acusado de certificar obras que xa estaban feitas. Mesmo na denuncia falase de que as obras "foron cobradas a través de documentación falsa". O auto dá por pechada a instrución do caso, que se remonta a 2006. Agora as partes teñen uns días para recurrilo.

Até agora a situación de Rogelio era a de imputado, mais "xa existía unha sentenza firme da Sala do Contencioso da Audiencia Nacional na que se declaraban probados os feitos que agora, de acordo ao novo auto, o levarán a ter que someterse a un xuízo oral como procesado". Até o de agora, e ao longo dos anos de proceso, Feijoo mantivo o seu apoio a Rogelio Martínez e nunca fixo o mínimo aceno de pedir a súa cabeza, mesmo confirmouno no posto de Delegado tras as eleccións malia estar xá imputado.

eDu

No hay comentarios:

Publicar un comentario