Recibimos no correo esta noticia de "Flores del Kaoz" e individualidades anárquicas de Bolivia (que traducimos para abordaxe) co gallo da saída do CD solidario da "Banda Internacionalista Furia y Candela":
Cada son e cada letra é o desafío ao illamento, a resposta activa á burocracia xurídica da "inxustiza" legalista, é a certeza de que este guerreiro non se rende e pensa en cada alento nos que, como el, sofren as acometidas da represión. Por iso este disco é unha arma solidaria que ataca e mata a indiferenza, pois xorde dun presx pensando nos demais presxs. Así pois "Furia y Candela" é unha forte propaganda política contra a abdicación.
Invitamos a todxs xs, ateneos, bibliotecas, centros sociais, espazos autónomos e recuperados a contactar con nos para enviarlles o material de audio, un afiche, e os dous folletos, un das letras e palabras do compa Henry, e outro cun listado internacional de presxs en loita contra a dominación. O material será distribuído desta forma para que cada espazo e cada compa solidarix poidan vender o material co obxectivo de recadar fondos para xs compas presxs e perseguidxs de cada territorio onde emerxa unha loita frontal pola liberación total.
Cárceres Demolición!!!
Ata a liberación total!
Seguimos sempre en pé de loita!
Contactos para solicitar o disco:
furiaycandela2013@riseup.net
solidaridadnegra@riseup.net
.........................................
(1) Henry fora encarcerado e depois pasado a situación de arresto domiciliario (na que segue a día de hoxe) ver Actualización (a 25 de setembro) do proceso contra o compañeiro Henry (acá)
- Máis información en Abordaxe sobre Henry Zegarrundo:
01/06/2012 [Bolívia] Ofensiva repressiva contra anarquistas!! (Outro caso bombas??)
07/05/2013 [Bolívia] Fanzine e Calendário em Solidariedade com Henry Zegarrundo, agora em arresto domiciliário
No hay comentarios:
Publicar un comentario