8 oct 2013

Lampedusa: Cinismo Extremo.

Non é un caso único, mais si se convertiu no máis "mediático" dos últimos tempos dada a inxente cantidade de persoas mortas nun só caso. Nos falsimedios, semella que houbera un clima certo de preocupación por parte de todos os responsabeis deste éxodo desesperado: deputados, ministros, presidentes, papa e empresariado. Mesmo alertan de que o "problema" afecta non só a Italia, senon a toda Europa, e que a "solución" debe de vir de todos os estamentos europeos. Parece que fose a primeira vez que ocorre !! E agora laianse cínicos e buscan recompensar a morte.

Así, o venres pola tarde, solemnemente, o primeiro ministro de Italia, Enrico Letta, anunciaba que todas as persoas falecidas neste naufraxio de Lampedusa -unha cifra elevada a 232 persoas ata agora, se ben sabese, polos mergulladores (1), que hai muitos máis na bodega do barco afundido a 50 m de profundidade- recibirán a nacionalidade italiana. Xusto á mesma hora -e non é un recurso xornalístico-, a fiscalía de Agrigento (Sicilia) acusaba os 114 adultos rescatados vivos dun delito de inmigración clandestina, que pode ser castigado cunha multa de ata 5.000 euros e a expulsión do país. Os mortos, non obstante, poderán quedar. Ante a imposibilidade de ser identificados, adxudicóuselles un ataúde, un número e un anaco de terra en cemiterios de Sicilia para que descansen, agora si, coa nacionalidade europea que se xogaron a vida por conseguir.

O Concello de Roma anunciou que dará acubillo aos 155 superviventes do naufraxio. O resto, os máis de mil que chegaron un día antes, terán que seguir amoreados nos inmundos barracóns do centro de internamento de emigrantes (CIE) de Lampedusa, situado -moi convenientemente- no extremo da illa oposto a onde os turistas gozan do último sol do verán. A diferenza entre uns e outros é só de número. Uns forman parte dunha noticia de impacto mundial e os outros son só protagonistas da súa propia traxedia. A delgada liña entre Roma e o esquecemento. Porque a realidade é que cada día, dende que a primavera trae o bo tempo e ata que o outono chega, a illa de Lampedusa, varada no Mediterráneo a 205 kilómetros das costas de Sicilia e a 113 de África, é porto de refuxio ou morte de centenares de miles de imigrantes. As cifras —sempre aproximadas— indican que, nas últimas duas décadas, máis de 8.000 persoas morreran fronte a Lampedusa.

E sabendo que é así, os políticos italianos seguen a fazer declaracións hipócritas como se a situación criada fose por causa dunha sorprendente catástrofe natural. Eses políticos que aprobaron en 2002 a lei que criminaliza o auxilio aos náufragos, e que de seguro motivou que, mesmo alguns pesqueiros pasaran de largo cando viran o buque ardendo (poderán ser acusados de delito de complicidade con a inmigración ilegal, quen introduza no país a inmigrantes sen permiso de entrada, incluindo a quen axuden aos barcos nos que viaxan).

Por iso, soa hipócrita que as autoridades italianas —a Guarda Costeira, a Guarda de Finanzas, a Capitanía do porto de Lampedusa— tardaran máis de duas horas en enterarse de que un barco que albergaba a máis de 500 persoas estaba ardendo e afundíndose a só meia milla da illa e que só reaccionaran tras ser alertados por alguns pesqueiros —outros tres, segundo din os mesmos náufragos, pasaran de longo— e que tras ser alertados, aínda se pasara muitísimo tempo ata que decidiran sair a axudar. Así o relata o dono dunha das embarcacións que primeiro se achegara ao resgate: “Eran as 06.30 ou as 06.40 cando din orden de chamar à guarda costeira, pero non chegaron ata as 07.40. Nos xa subiramos a bordo a 47 náufragos, pero eles o facían moi a modiño, podían ter ido máis deprisa. Cando volvíamos a porto cargados de náufragos vimos a patrulleira da Guarda de Finanza que saía como se fora de paseo. Se quixeran salvar à xente, terían saido con barcas pequenas e rápidas. A xente morría na auga entanto eles se facían fotografías e vídeos. Cando o meu barco estaba cheio de imigrantes, pedimoslle aos axentes que os subiran à patrulleira, e dixeronos que non era posible, que tiñan que respeitar o protocolo. Tambén querían impedirnos ir a porto con os náufragos. Se agora queren determe por ter salvado a náufragos, que o fagan, non vexo a hora…”.

Doutra parte, a xente que mora en Lampedusda ten unha idea máis práctica, e a expresaron polas ruas da illa durante unha manifestación de dor e raiba: “Os próximos mortos —porque haberá máis mortos e o sabedes todos— vo-los levaremos ás portas do Parlamento. Nós aos imigrantes queremos acolle-los vivos, non mortos”.

------------------

(1) Os mergulladores saen chorando con declaracións espeluznantes: "A imaxe que non consigo quitar da mente é a dos corpos amoreados no buque, case todos con os ollos abertos e os brazos extendidos cara arriba, como querendo pedir axuda"; "O cenario que vimos é pior do previsto. Decenas de corpos, muitos abrazados, muitos con os seus brazos extendidos todavía. Unha escena xeladoira. Semellaba falsa. Con os olhos abertos, parecía que nos miraban"; "Están todos colados os uns con os outros. Cada un ten non máis de 30 centímetros de espazo. Hai pias de homes e mulleres na bodega".

eDu segundo información recopilada de diferentes medios.

1 comentario:

  1. Miserere, mundo. A dor fingida de Lampedusa
    por Óscar Valadares*

    Não pode ser! Tem que acabar. Tem que acabar esse escandalizar-se pola tragédia televisada; esse escandalizar-se com fingimento que nem dá para ocultar a profunda indiferença de quanto não for o próprio cu, com licença. Tem que acabar esse inconfesável desprezo pola vida das outras e dos outros, essa inconsistência que diz, cérebro de manteiga, «pobrezinhos os negros; pobrezinhos os pobres; pobrezinhos».

    Não são pobrezinhos. São empobrecidos. Contingentes inteiros, povos inteiros espoliados, atacados e assassinados maciçamente nos seus países. Nuns países traçados sob uma lógica ortogonal, a única lógica —se é que isso for lógica— que possa emanar de qualquer metrópole. Uns países logo entregados ao mais radical dos capitalismos, tão predador e criminal que deixa em ridículo aquele que sofremos nesta Europa choromica e patética. E, porém, acaso não são as políticas europeias as que levam as migrantes subsaarianas a recorrerem a esse tipo de máfias transportadoras? E acaso não representam essas próprias máfias outra pata do mesmo monstro?

    O resultado é que morrem por dúzias, e que não será a última vez, como não foi a primeira. Mas é assim que funciona a hipocrisia. Numa banda choram. Noutra morrem. E o espaço que separa uns dos outros não muda nunca. Para isso é se electrifica o muro que circunvala a UE. Assim nos asseguramos no norte rico que sempre poderemos chorar polos «pobrezinhos», e que os «pobrezinhos» serão sempre os mesmos. Assim nos asseguramos que quem se arruíne para pagar as máfias, quem jogue a vida para subir num caiuco, quem vogue desesperadamente no trevão e quem caia à água para desaparecer sem que ninguém se importe sejam outras: as pessoas que nós, do primeiro mundo, espoliamos, atacamos e assassinamos maciçamente.

    Desvendada a máscara, o que aparece? Uma Europa nojenta e perigosa, de culpáveis diretos e de colaboradores necessários. Então, com que direito nos lamentamos? Com que direito lamentamos um fenómeno sem repararmos nas causas que o produzem nem nas responsabilidades políticas? Com que direito nos laiamos por umas causas diretamente —e durante décadas— alimentadas polo nosso consumo insaciável e a nossa estúpida caridade inútil?

    Que insuportável é tanta hipocrisia! Que ridícula resulta a UE a soterrar quantidades indizíveis de dinheiro no seu próprio muro da vergonha! E que estúpido é esse muro peculiar que é perfeitamente permeável aos capitais, às transnacionais e à corrupção do sistema; mas que se torna duríssimo concreto para qualquer pessoa que vier de fora, das «negras» às ciganas, do sul ao leste

    ***

    A nós, europeus e europeias, ocidentais que queimamos e arrasamos e poluímos e secamos e esterilizamos a terra, a nós —talvez às nossas crianças— também nos irá chegar o dia de emigrar. Se não for polo deslocamento anunciado da pujança económica para os BRICs, será certamente pola mudança climática que orgulhosamente patrocinamos. Teremos de migrar. Talvez então entendamos o que acontece. Que a morte de tantas e tantos em Lampedusa não é um qualquer fatalidade inevitável.

    A pergunta é: seremos capazes de nos adiantar àquele dia ou continuaremos a ver o desfile de cadáveres passar nos jornais com esse fingimento tão burguês? Será que nalgum momento nos converteremos —de novo— em pessoas?

    * Óscar Valadares é sindicalista e militante internacionalista em Mar de Lumes.

    ResponderEliminar