Hai uns días publicaramos acá, en Abordaxe, a noticia do despexo desta masía, ocupada tras a acampada contra as liñas de moi alta tensión (MAT), agora damos pulo a diferentes comunicados protesta ao respeito, que recollimos de ContraInfo:
Mas Castelló foi ocupado ao finalizar a "Acampada Contra a M.A.T e o Mundo que a Necesita" para dar continuidade a esta loita. A casa foi desaloxada a madrugada do pasado mércores 16 de outubro cun importante dispositivo policial. Aínda que non fose demasiado o tempo que estivemos aí, Mas Castelló foi lugar de encontro, de reflexión e espazo colectivo de loita contra este proxecto de morte e destrución para moitas persoas de moitos lugares, nun momento decisivo para a construción do último tramo que conectará Francia coa Península Ibérica.
A raíz do desaloxo, hai 6 persoas que están citadas a declarar o próximo 11 de novembro, acusadas de Usurpación e, posiblemente, de Sedición. O mesmo día do desaloxo tamén foron detidas 3 veciñas da zona que se achegaron á Casa para dar apoio. Esa mesma tarde foron enviadas a disposición xudicial e deixadas en liberdade, acusadas de delitos de danos, coaccións e deslucimento de bens inmobles.
Entendemos a M.A.T non unicamente como un problema local, xa que ten efectos moi amplos, por exemplo, a estreita relación coa industria nuclear. Porque a M.A.T non se sustenta por necesidades da poboación senón polos dunhas empresas con intereses económicos, neste caso, cabe destacar a Rede Eléctrica Española (REE). Consideramos este macro-proxecto, unha peza clave para o progreso da clase dominante e para perpetuar a sociedade capitalista
É por isto, para que a nosa loita vaia mais alá de obstaculizar a construción da liña de Moi Alta Tensión e porque entendemos que a represión forma parte do Dominio, que a nosa resposta á masiva intimidación policial e á represión non pode ser retroceder, senón seguir organizándonos e dándonos apoio dun xeito máis contundente, tanto a esta coma a todas as loitas contra calquera imposición.
Solidariedade coas que loitan contra os proxectos nocivos dos poderosos en todo o mundo!
Non queremos a M.A.T, non queremos NUCLEARES, non queremos que nos gobernen!
Aínda que nos botasen de Mas Castelló, SEGUIREMOS LOITANDO DENDE TODOS OS LUGARES!
CRIMINALIZACION NO TERRITORIO AFECTADO
A Liña de Moi Alta Tensión comezouse a construír neste territorio en xullo, ao tempo que tamén se iniciou unha loita sobre o terreo para detela: organizouse unha acampada en Fellines (Viladasens) que se trasladou ao Mas Castellón (Orriols), por continuala.
Dende o principio, a presenza policial no territorio foi en aumento, realizando verdadeiros check- points con rexistros nos coches dxs veciñxs que se movían pola zona de Fellines, Viladasens e Orriols, rexistrando tamén as ocupantes, reténdoas durante horas e, en ocasións, requisando ferramentas e obxectos persoais.
O funcionamento da policía na zona está rexido por unha autonomía e unha impunidade total. Amparándose no chamado ("dispositivo especial MAT", para asegurar as obras da zona conflitiva) actúan con plena liberdade, ata chegar a entrar en propiedades privadas sen orde, xa que gozan dunha impunidade que lles permite actuar así. A actitude que mostran á hora de actuar é a dun conflito persoal, onde os mossos veñen a reprimir o movemento e a molestar a quen faga falta; carácter que adoita ser normal nos antidisturbios.
O corpo da policía e a súa brigada de información estivo presente na zona, acumulando información de todo tipo en estreita colaboración coa seguridade privada de REE (EULEN), para elaborar un escenario de delincuencia e, así, poder argumentar e obter os permisos para levar a cabo a represión aos niveis máis altos dos últimos días, por un lado co desaloxo de Mas Castelló e, polo outra, a detención de varias persoas, entre elas, algunhas veciñas da zona.
Estes dispositivos policiais, militarizando a zona, teñen a finalidade de desmoralizar a veciñanza para evitar que a oposición real da xente se poida facer manifesta. Non sería a primeira vez que os corpos de seguridade actúan na salvagarda dos intereses privados, neste caso, de Rede Eléctrica Española, entre outros.
Por moito que nos repriman, non deixaremos de rexeitar este negocio que destrúe a terra e arruína a vida de moitas veciñas.
A loita continúa: Se non é agora, cando? E se non somos nos, quen?
Veciños e veciñas de Fellines e Viladasens
No hay comentarios:
Publicar un comentario