Recollido e traducido da web "Espía en el Congreso"
A OSCE é hoxe a organización mundial politicamente máis influente do planeta e a ela está adherida España, o que deixou perplexos os diplomáticos demócratas: "Con 57 estados de Europa, Asia Central e América do Norte, a OSCE é a maior organización de seguridade rexional do mundo" sinalan, e en efecto no seu equipo figuran os seis observadores expulsados de España: Omar Fisher, Irina Urumova, Aleksandra Dloubak, Bartlomiej Lipinski, Marcin Jezulin e Yevgenia Aretisova.
España é así, o único país do mundo que non admite a inspección internacional da OSCE sobre o seu curioso réxime de monarquía de partidos ou partitocracia, o que lle levou a incluíla na "lista negra" de países con liberdades restrinxidas. E é que diplomáticos de todo o mundo contemplaron estupefactos como España reprime o dereito de manifestación e de reunión dos seus cidadánse comezan a explicarse así como un país con 6 millóns de parados, 2 millóns de exiliados e 1 millón de nenos malnutridos non se lanza con máis asiduidade á rúa contra as súas autoridades .
Nun xesto pouco habitual e cargado de significado, o comunicado oficial de OSCE contra España está asinado polo diplomático esloveno Janez Lenarcic, máximo representante e director da Oficina encargada de fiscalizar as Institucións Democráticas e os Dereitos Humanos (OSCE/ODIHR). O embaixador Lenarcic recorda que España se comprometeu ante a comunidade internacional a garantir a liberdade de reunión e o control internacional que o verifique debe estar sempre preservado.
Coa chegada dun novo Goberno do PP e a alianza estable co PSOE en canto ao réxime monárquico refírese, o único que puido verificar a OSCE é que "este cambio é sorprendente", pois antes as autoridades diplomáticas podían comprobar o estado das liberdades en España "con boa cooperación" e agora non poden, xa que os seus representantes son expulsados.
Hai catro meses, concretamente no mes de maio, o presidente Mariano Rajoy e o ministro García Margallo "comprometéronse a cooperar plenamente" coa OSCE para que os seus inspectores puidesen confirmar o estado das liberdades en España. Tras as imaxes que inundaron as televisións e xornais de medio mundo coa brutal represión da masiva manifestación de "Rodea o Congreso", convocada pola "Coordinadora 25-S" (a mesma asociación cidadá que organizou "Xaque ao Rei"), os diplomáticos internacionais temíanse o peor.
E en efecto así aconteceu: 1400 policías para unha cifra de entre 2000 e 9000 manifestantes, segundo o Goberno ou os organizadores, pero ademais detencións previas, identificacións masivas, o peche dunha estación de metro (Opera) para impedir o acceso, bloqueo de autobuses con participantes, etc... Durante o pasado 25-S, todo isto foi acompañado ademais de prolongadas retencións en comisaría, multas, agresións policiais e ata "confiscación" de material "subversivo", pois a Delegación do Goberno de Madrid que preside a aínda convalecente Cristina Cifuentes alegaba que os paus das bandeiras e as pancartas eran en realidade instrumentos preparados para "agredir" a policía.
O embaixador Janez Lenarcic, non obstante, xa non parece crer a versión das autoridades españolas ao impedir a súa comprobación: "A oposición repentina por parte das autoridades españolas formúlanos preocupación sobre as súas intencións", di a OSCE na súa nota pública, ao tempo que pide aos políticos españois no poder que garantan o pleno respecto á liberdade de reunión pacífica de acordo con compromisos da OSCE e outras normas internacionais de dereitos humanos.
O feito é que para a OSCE cada país ten o seu problema e as protestas cidadás así reflícteno, polo que é a represión dos Gobernos o que o deixa en evidencia. En España é "a institución da Monarquía", en Serbia é a igualdade homosexual, en Rusia, Azerbayán, Uzbekistán e Kazakstán a liberdade de prensa, etc...
No hay comentarios:
Publicar un comentario