Traducimos este texto asinado por Tótua Niae publicado na web ImpuneMex, unha reflexión sobre como o Pobo asume o fascismo discursivo do Poder, nele falase da situación en México, mais, para calqueira mente esperta faise evidente de que é totalmente extrapolable a situación de calquer lugar do mundo onde se viva baixo un réxime mal chamado "democrático":
Repitamos mentiras ou verdades a medias ata que, se ben non se volvan "verdade", polo menos estean presentes en todos os discursos políticos: esa é a lóxica de medios, empresarios e políticos de dereita que, racismo e xenofobia de por medio, raian no fascismo discursivo, é dicir, aquel que humilla, denigra e minimiza todo o que se opón a el.
Sen sequera discutir a lexitimidade dos termos mencionados e o seu uso, o simple feito de asumir que ser "vándalo" (sexa o que sexa que esta categoría metaontolóxica signifique) ou "anarquista" é algo "malo" é unha simplificación do discurso que convén á ideoloxía dominante. Mesmo activistas, xornalistas e políticos de "esquerda" (outra entidade abstracta que pagaría a pena aclarar) denuncian a destra e sinistra os "infiltrados" que denigran e prexudican a "verdadeira e lexítima" loita social.
Se que roldan moitos rumores por aí, pero a verdade é que ninguén, absolutamente ninguén, pode probar que a totalidade dos manifestantes que utilizan métodos violentos contra a policía e os símbolos do Estado e o poder económico sexan enviados do goberno para foderse os demais manifestantes e inhibilos. Por que asumimos tan por riba iso? por que aceptamos que enfrontar a un policía ou romper un caixeiro automático está "mal"?…
Ao non cuestionar o discurso predominante estamos a aceptar a orde que se nos impón e, por ese simple feito, poderiamos dicir que non somos realmente de "esquerda" nin "loitadores sociais" senón un montón de reformistas-conformistas que non teñen a mínima intención de solucionar de fondo as problemáticas político-económicas que nos rodean.
Algúns feitos: dende a aprobación e aplicación do manual de contención de multitudes, a policía do DF intimidou e violentou as marchas e demais protestas sociais, provocando en moitos dos casos os feitos de violencia nas que sempre saen perdendo os manifestantes; os espazos de participación política no sistema democrático mexicano están completamente pechadas e tomadas por unha elite que non representa as aspiracións do pobo, dicir que en México hai democracia é unha mentira e unha esaxeración; a manifestación pacífica ou a participación nas eleccións demostraron ser métodos falidos para lograr cambios sociais na maioría dos casos, o poder político-económico en mans duns cantos segue apoderándose de todo.
E entón?: non asumamos, como os nosos "inimigos" da dereita que temos razón en todo e que a nosa forma de entender o cambio político e a loita social son as únicas válidas, iso é vil fascismo. Se alguén lexitimamente decide encapucharse e enfrontar á policía ou romper un vidro dunha sucursal bancaria, ou pechar unha rúa e facer un plantón, ou tirar flores e facer videos, debemos entender que as devanditas accións, aínda que poidan chegar a afectarnos, non son senón unha resposta a un problema sistémico e non a causa; e que toda acción dos poderosos dirixida a chingar ás maiorías desatará accións igualmente fortes en sentido contrario, polo que o problema está no poder e os que o deteñen.
Por suposto que hai moita banda que tira bombas molotov sen saber nin que peido coa ideoloxía; ou toman rúas sen entender realmente por que e para que: pero ata iso, é consecuencia e non causa das mesmas problemáticas, dende reformas educativas e laborais ata o sistema político en si mesmo.
En resumo: loita e deixar loitar, non mames.
......................
Notas de Abordaxe:
(1)En México esta palabra ten o significado de pelexón
(2) Halcones en México son os chivatos (curiosamente na sua maioria taxistas). Ademais fai referencia explícita a un homo erectus salvaxe e asesino que enxendrou o expresidente Luis Echeverría Alvarez (1970-1976)e que domesticarau con facilidade e chegara a reunir un grupo deles para que con as suas garras, o 10 de xuño de 1971 cairan sobre unha multitude de xovens que se manifestaban en contra da política represiva do goberno, na capital do país.
No hay comentarios:
Publicar un comentario