14 oct 2013

Concentración en lembranza de Diego Viña en Arteixo

Outro ano máis, aproveitando a misa que a garda civil de Arteixo celebra no día da súa patrona (12 de Outubro), un grupo de solidarixs concentráronse as portas da igrexa en lembranza de Diego Viña, morto en escuras circunstancias nos calabozos da mal chamada "benemérita" xa fai nove anos sen que ata o día de hoxe se depurase ningunha clase de responsabilidade. Moi ao contrario, as forzas represivas e os seus colegas xudiciais asañáronse cxs familiares e solidarixs das anteriores edicións da protesta. Deste xeito, durante os pasados anos cebáronse con multitud de denuncias polas máis peregrinas causas: "inxurias" por berrar "a garda civil tortura e asasina" (polo que piden máis de 3500 euros por cabeza), "detención ilegal e contra a liberdade de culto" por pechar breves instantes a porta da igrexa ou, simplemente, por manifestarse sen permiso.

Nesta ocasión, e por motivos obvios, a concentración realizouse en silencio e con moitxs dos seus participantes tapando as súas bocas con cinta adhesiva. Tamén se colocaron velas e cadaleitos frente a porta da igrexa, xunto con pancartas en memoria de Diego, dos demais mortxs baixo custodia ou contra a represión dos movementos sociais. Finalmente leuse un manifesto antes de marchar sen maior contratempo.

A protesta convocouna o colectivo "Nais contra a impunidade" (-AQUÍ) que ten previsto realizar máis actos de denuncia da represión da que son obxecto durante o presente ano e durante os xuízos que xs seus membrxs e simpatizantes teñen pendentes. Informaremos no seu momento de vindeiras convocatorias.

C.R.
Video explicativo do caso -AQUÍ.
Comunicado da concentración -AQUÍ.

No hay comentarios:

Publicar un comentario