15 oct 2013

21 ao 25 de outubro.- Semana Loita contra Fronteiras

"Máis de 20.000 cadáveres cuspidos polo mar, e unha cifra estimada de 6.000 corpos desaparecidos, son a consecuencia das dúas últimas décadas de controle de fronteiras levado a cabo pola Unión Europea." (Diagonal, 04/10/2013).

O Foro Galego da Inmigración organiza na Galiza xunto a colectivos sociais unha Semana de Loita contra as Fronteiras do 21 ao 25 de outubro. Entre as actividades que compoñen esta semana de loita, están as presentacións do libro en Vigo, Ourense e A Coruña, coloquios en Compostela e Ferrol baixo o título "Fronteiras. Diferentes dispositivos, mesma función. Políticas migratorias e exclusión de dereitos", nos que participará Eduardo Romero e activistas polo dereito á saúde universal. A semana completarase cunha rolda de prensa e dous actos reivindicativos en Compostela.

Desde a indignación e as preguntas que nos suscitan masacres silenciosos como os de Lampedusa, e pasado un ano da entrada en vigor do Real Decreto 16/2012, que retira o dereito á asistencia sanitaria ás persoas migrantes en situación irregular, o Foro Galego da Inmigración quere denunciar a trama de fronteiras que a política de estranxeiría española impón ás persoas migrantes.

Entendemos as fronteiras de forma ampla, abarcando desde os pasos fronteirizos exteriores até toda unha profusión de prácticas institucionais e policiais que, moitas veces de forma menos perceptible, instauran barreiras entre as persoas que habitamos un territorio en función da procedencia, trazos étnicos ou outros signos identitarios.

Desde os colectivos organizadores, sostemos que o acceso diferencial ao sistema de dereitos, como é o caso do fundamental dereito á saúde, representa un elemento máis do armazón de fronteiras interiores arquitectado polo poder estatal, coa cumplicidad doutros niveis admnistrativos. O objectivo non é outros que apuntalar a situación de subordinación e explotación das persoas migrantes e promover a división entre diferentes grupos sociais, empregando a competencia por recursos escasos e a creación dun inimigo interno como método de control e disciplinamiento social.

Con esta semana queremos denunciar as consecuencias da política migratoria española e europea, inserida no marco de desigualdade, e consecuente mobilidade forzada, xerado polo sistema capitalista.

E como exemplo paradigmático da engrenaxe de fronteiras institucionais examinaremos o efecto da aplicación do Decreto Sanitario, e do seu parche galego, o Programa Galego de Atención á Saúde Pública, no acceso á asistencia sanitaria das persoas migrantes.

Para iso, contaremos coa participación de Eduardo Romero, integrante do colectivo asturiano Cambalache, autor de diferentes textos sobre políticas migratorias e co-autor do libro "¿Qué hacemos con las fronteras?".

E segundo a información que recibimos dun correo de GAS (Vigo), que organizan a presentación doi libro de Eduardo Romero o luns 21 às 20:00' na Cova dos Ratos:

"Nos últimos días volvímonos atopar coa triste realidade das fronteiras. Mentras as dirixentes promoven a nosa mobilidade, case sen darnos a opción a escoller, pechan con máis forza as portas á entrada legal de persoas extracomunitarias. No libro non solo se teñen en conta as fronteiras físicas, se non tamén aquelas forxadas polo mercado, quizáis as máis importantes; as que xeneran desprazamientos forzados a destinos previamente "consensuados". As empresas transnacionais e os intereses enerxéticos dos estados son dous dos temas tratados no libro como motivantes das migracións.

Destaca tamén o achegamento que se fai no libro á violencia e invisibilización das mulleres migrantes. A violencia no tránsito e a soidade do traballo de coidados (servizo doméstico) supón unha especificidade a engadir á xa brutal situación que viven as personas migrantes.

Eduardo Romero forma parte do colectivo Cambalache e é autor de varios libros sobre migracións, como "Quien invade a quien. El plan África y la Inmigración" ou "Un deseo apasionado de trabajo más barato y servicial". En este caso comparte autoría con Gema Fernández, Pablo "Pampa", Raquel Celis y Leire Lasa".

Pregase difusión.

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 - Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es - 981-576 142
www.forogi.wordpress.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario