Recollemos, traducimos e difundimos esta noticia da web da Campaña Cárcere=Tortura que está asinada e a ser difundida polos Grupos de apoio a presxs de Galiza sur, Galiza norte, Barcelona, Lleida, Sevilla, Madrid, Salamanca, Valladolid e Granada, ao respeito das graves agresións machistas e acoso a distintas compañeiras e en diferentes vilas e cidades e de xeito reiterado, cometidas por Baldo dende a sua saída da prisón, aproveitándose da confianza depositada nele como membro activo dende dentro dos muros da Campaña Cárcere=Tortura.
Antes de nada, queriamos expoñer as nosas dúbidas sobre usar como método o comunicado. Partimos da crítica das limitacións que xera e somos conscientes de que non é a forma máis coherente pero si a que nos pareceu máis viable nestes momentos, xa que o noso obxectivo é romper o silencio, pois vemos que se tivésemos sabido o que expoñeremos moito diso podería terse evitado.
Baldomero cometeu graves agresións machistas, ameazas e acoso cara a distintas compañeiras en diferentes cidades ao longo do ano pasado. Ao poñernos en contacto unhas con outras tomamos conciencia de que non son feitos puntuais, senón unha actitude reiterada e permanente.
Baldo sae de prisión hai practicamente un ano e medio apoiado pola Campaña Cárcere=Tortura e varios grupos de apoio. Antes de saír levouse a cabo unha campaña concreta para o seu caso, de aí que depositásemos nel a nosa confianza. A raíz disto abrímonos a el como persoas e abrímoslle os nosos espazos. A raíz desta confianza empezamos a sentir e sufrir situacións de acoso, ameazas, graves agresións machistas, violencia, forzar a diferentes compañeiras, insultos, chantaxes, imposibilidade para desconectar del e poñerlle lìmites, vulneración destes, sentirlle enriba, victimismo, invalidar politicamente as compañeiras que empezaban a poñer distancia, intentar xerar medo a xs compañeirxs e intentar xerar división e ruptura entre todxs; todo isto a diferentes compañeiras do estado español.
Neste período de tempo estivo a suceder isto e fómonos encontrando con que casualmente somos todas mozas.
Engadir que, ademais do evidente e profundo calado político do exposto anteriormente, esta persoa entorpeceu outros proxectos e prácticas políticas. Traballando con èl no àmbito anticarcerario vimos reiteradamente actitudes autoritarias, faltas de respecto aos ritmos alleos, imposición das súas formas, involucrar a compañeirxs en accións sen o seu consentimento - chegando a poñer o seu nome en carteis ou verbalizando que pasará por enriba dela para conseguir os seus intereses-, terxiversar informaciòn...
Cremos na autonomía e capacidade de cada individuo ou grupo para tomar as súas propias decisións ao respecto, pero detectamos que, á hora de xestionar agresións nos espazos politizados, tanto a nivel individual como colectivo, ás veces, se dá unha clara falta de posicionamento (que poden estar motivados por medos, temor a preguntar, pasotismo, "buenrollismo", status social que ten a persoa agresora...) que ten consecuencias como, por exemplo, que sexan as persoas agredidas as que teñan que marchar dos espazos ou sentirse incómodas neles cando aparecen xs agresorxs.
Outro problema é a necesidade de demostrar a veracidade das nosas palabras sen ter que entrar en detalles. O noso obxectivo non é outro que informar do sucedido para previr situacións similares, posto que nos sentimos coa responsabilidade de facer saber o resto de compañeiras que este tío é un agresor e que segue movéndose libremente polos nosos ámbitos.
Sendo conscientes das técnicas de manipulación que Baldo adoita empregar, e de que tratará de evadir calquera responsabilidade neste asunto, achacándoo a problemas persoais con xente concreta, queremos deixar claro que os grupos das diferentes cidades que formamos a campaña asinamos este comunicado.
ASINADO:
Grupos de apoio a presxs de Galiza sur, Galiza norte, Barcelona, Lleida, Sevilla, Madrid, Salamanca, Valladolid e Granada.
"...detectamos que, á hora de xestionar agresións nos espazos politizados, tanto a nivel individual como colectivo, ás veces, se dá unha clara falta de posicionamento (que poden estar motivados por medos, temor a preguntar, pasotismo, "buenrollismo", status social que ten a persoa agresora...) que ten consecuencias como, por exemplo, que sexan as persoas agredidas as que teñan que marchar dos espazos ou sentirse incómodas neles cando aparecen xs agresorxs."
ResponderEliminarJoder... 100% verídico.