Recollemos a información de Stop-Desafiuzamentos de Ferrol Terra:
Diante da situación, o representante xudicial desistiu de proceder ao lanzamento pero advertiu que se poderá intentar de novo calquera día, sen aviso previo. A asociación Ve-la luz explicou as circunstancias deste caso, asociado á violencia de xénero. A presidenta de Ve-la luz, Gloria Vázquez, califica o feito como a venganza do maltratador.
Sandra M. e a sua irmá herdaron a casa dos seus pais. Foi vivir a ela cando casou. Despois de casar, enganada, asinou un documento privado co seu home, no que o recoñecia tamén como propietario da vivenda. Tras denunciar maos tratos, iniciou o proceso de divorcio. Nese período o ex-home vendeulle a vivenda de xeito fraudulento a un amigo e o novo propietario ordena agora executar o lanzamento, a pesar de que está recurrida a venda por fraude.
A asociación Ve-la luz fala dun caso claro de indefensión da víctima e acusa ao sistema de perpetuar o maltrato.
O ex-home está na actualidade procesado por maos tratos, pendente de xuizo. Segundo indicou a irmá de Sandra, a ela concedeuselle a custodia do fillo que naceu na vivenda de Cabanas. Somentes ese feito, tería que valer para paralisar o lanzamento. Gloria Vázquez insiste na indefensión dos menores, víctimas tamén de maos tratos, e denuncia os lugares de encontro que denominou "pateras".
A Asociación Ve-la luz anunciou onte en Cabanas que encetará unha folga de fame a semana que ven ata que os fiscais non protexan ás mulleres maltratadas e aos seus fillos.
Máis información deste caso:
- Concentración en Cabanas ante a emerxencia dun inminente lanzamento de vivenda, como consecuencia dunha situación sostida de violencia machista
- Ve-La Luz fala co presunto maltratador de Cabanas
No hay comentarios:
Publicar un comentario