16 sept 2013

[Siria] Materiais para entender unha Revolta (2).- Un pouco de historia

O primeiro que me gustaría resaltar é a creación de Siria como estado, pois penso que moitas lectoras poden ter unha idea errada de como xurdiron da desmembración do Impeiro Otomán, pola intervención das potencias impeiralistas europeas.

Así habería que aclarar que en 1919 na Conferencia de Paz de París, o emir Faisal propuxo a creación dunha comisión para realizar unha enquisa en Siria (e Palestina) para determinar os desexos dos seus habitantes pero a proposta foi rexeitada por británicos e franceses que xa se tiñan posto de acordo para dividirse os teritorios de influencia. O emir Faisal tiña a idea de crear unha única e gran nación árabe e malia ser prohibidas, celebráronse unhas eleccións que darían lugar a un Congreso Sirio que redactou un programa na que se manifestaba a vontade do pobo de que se mantivese a unidade e independencia da gran Siria e o rexeitamento a que Libano e outros teritorios fosen esgazados dela (tal como acordaran franceses e británicos)..

Estas divisións levadas a cabo en función dos intereses das potencias coloniais non tivo así en conta a realidade das poboacións que habitaban os territorios.

Pouco despois na Conferencia de Paz de Versalles, Francia e Gran Bretaña consolidaron o seu acordo polo que Siria se constituia como estado, pero sen Libano e sen Palestina, quedando baixo "tutela" francesa e aínda que o congreso Sirio se opuxo e declarou a guerra a Francia, o desequilibrio militar e armamentístico faría que en 25 de xullo de 1920 os franceses tomasen Damasco e Faisal se vió obrigado a exiliarse.

Así durante 5 anos os franceses, para exercer un mellor control do territorio sirio dividírono en zonas de influencia: o nordés para os alauitas, o sur para os drusos e o resto coa capital Damasco. Ata 1928 os franceses non cumpriron co compromiso da Sociedade de Nacións que establecía que as potencias debían de promover a redacción dunha constitución nun prazo de 3 anos dende a creación de Siria e convocaron eleccións para a formación dunha Asemblea Constituínte gañándoas o partido nacionalista (laico, se ben de tradición e cultura islamitas), pero serían os propios franceses os que redactaron de xeito unilateral unha Constitución que converteu a Siria nunha república parlamentaria en 1930. E, se ben, en 1936 foi asinado un tratado franco-sirio para a declaración de independencia, este nunca foi ratificado pola Asemblea Francesa, de tal maneira que, en 1939, aos pendes da segunda guerra mundial, estaba claro que Francia nunca ía ratificalo, polo que o presidente sirio dimitiu e se suspendeu a constitución. Durante a ocupación alemá de Francia, Siria pasou a depender do Goberno de Vichy ata que forzas británicas e de franceses libres, tras unha breve campaña, ocuparon Siria en xuño de 1941 e anunciaron solemnemente a concesión da independencia e convocaron novas eleccións que daría en 1943 ampla maioría aos nacionalistas, se ben non foi ata 1946 que as Nacións Unidas proclamaron a independencia de Siria (e Libano).

Dende ese ano ata 1963, no que se instaurou o goberno do partido Baaz cun golpe de estado o 8 de marzo, sucedéronse gobernos inestables e varios golpes de estado. Pero tamén foi a época en que mozos intelectuais saídos de universidades resaltaron o proxecto dunha soa nación árabe utilizando o concepto de unidade étnica e a súa máxima expresión foi a Liga Árabe en 1945 onde ademais de Siria estaban Exipto, Líbano, Transxordania, Iraq, Arabia Saúdita e Iemen do Norte co obxectivo de "servir ao ben común, asegurar mellores condicións, garantir o futuro, e cumprir os desexos e expectativas de todos os países árabes" (convén indicar que na actualidade a forman 22 países, se ben Siria está temporalmente suspendida). En 1948 tería lugar a "Nakba" ou gran desastre, como denominan os árabes ao recoñecemento do estado de Israel polas Nacións Unidas, feito que foi un catalizador das ideas panarabistas.
Consecuencia diso foi a experiencia entre os gobernos de Exipto e Siria, a unión transnacional panarabista coa República Árabe Unida que tan só duraría de 1958 a 1961 coa figura do presidente exipcio Nasser que escurecía calquera liderado conxunto e que fixo que os nacionalistas sirios se desligasen ao considerar esta fórmula como un intento de absorción do seu país por Exipto. Un golpe de estado en setembro de 1961 en Siria remataría con este intento de xeito definitivo, sendo un golpe case mortal á ideoloxía panarabista.

Por outra parte, a desaparición do imperio otomán como único referente político e relixioso durante séculos, deixou unha sensación de desamparo a unha sociedade pobre e con ningún outro referente estable que o Islám, o que permitiu un repunte da ideoloxía panaislamista, sobre todo entre as clases máis desfavorecidas e de aí xurdiría a organización "Irmáns Musulmáns" que dende os seus inicios intentaba preservar o Islam das influencias occidentais e avogaban pola educación como método para cambiar as sociedades e levalas á senda do Islam, pero tras un intento frustrado de rematar coa vida de Nasser, do que foron acusados, foron proscritos e a partir de aí perseguido, encarcerados, torturados e executados moitos dos seus membros en diferentes países, o que derivou en que asumisen métodos violentos para alcanzar a sociedade musulmá que ansían.

O partido Baaz, o partido do renacemento, árabe e socialista fora fundado en Damasco en 1947 e bebe dunha ideoloxía nacionalista, panarabista, socialista e laica, foi minoritario dende a súa creación ata que algúns oficiais militares o asumiron como parte do seu ideario e co golpe de estado convertéronse no partido no poder dende 1963, tanto en Siriya coma en Iraq (ata o derrocamento de Sadam Hussein). Cabe sinalar a importancia da asunción deses principios por parte dalgúns oficiais do exercito, dado que estes proviñan da organización Oficiais Libres que terían importancia transcendental no devir, non só de Siria senón tamén de Iraq e Exipto, dado que de aí saíron os líderes das revolucións independentistas e os futuros presidentes das novas repúblicas nacionalistas. Eran maioritariamente de orixe urbana, tiñan boa formación e sufrían, como o resto da poboación, as penurias económicas e as inxustizas sociais derivadas da ocupación colonial e dos sucesivos gobernos corruptos.

Así chegamos á época da chamada guerra fría, en que o goberno do partido Baaz foi apoiado pola URSS dende onde chegaron abundantes cantidades de armamento e así mantivo un monopolio sobre o poder político, se ben as diverxencias no seu seo provocaron o ascenso á presidencia do país de diferentes persoas ata que o coronel Hafez ao Asad que complementara a súa carreira militar na URSS, deu un golpe incruento a denominada "Revolución Correctiva" en 16 de novembro de 1970, e asumiu a xefatura do estado e dende entón a corrupción ten campado polos seus respectos: o control económico e empresarial do país concéntrase, basicamente, en tres familias, os Asad, os Shalishes e os Majluf e a través deles, outras dez familias estenderon tamén os seus tentáculos. (o organismo "Transpariencia Internacional" outorga un 2,6 sobre 10 ao seu índice sobre percepción da corrupción, tendo en conta que canto máis alto é o índice máis "limpo" é o estado).

Hafez al Asad ao instalarse no poder iniciou tímidas reformas e incrementou a capacidade militar do exército e chegou a liberar presos políticos comunistas, intentou recuperar os Altos do Golán (en posesión de Israel) e fracasou no intento e aproximou a política do seu goberno á URSS como firme aliado.

Foi o autor do masacre de Hama que aconteceu entre o 2 de febreiro e 28 de xuño de 1982 cando o exército sirio, levou a cabo unha política de terra arrasada contra a cidade de Hama, matando entre 150.000 e 200.000 civís co fin de sufocar unha revolta sunnita.

Faleceu dun ataque ao corazón o sábado 10 de xuño do ano 2000 e sucedeulle na presidencia o seu segundo fillo varón, Bashar al-Asad, tras ser aprobada unha emenda constitucional que rebaixou a idade de acceso á presidencia de 40 a 34 anos e se convocou un referendum sen contendente para confirmar o seu nomeamento tan só un mes despois, o 10 de xullo. Nese momento produciuse un período de ebulición política durante o que os intelectuais e membros da oposición política, entre eles membros do partido comunista e reformistas do mesmo partido Baaz, reclamaron o fin do estado de emerxencia que existía dende 1963 coa escusa da guerra permanente con Israel, e aínda que, inicialmente o goberno de Bashar responde coa liberación, en novembro de 2000, de centos de presos políticos, ao ano seguinte, rematou co movemento mediante a detención de numerosos activistas.

Dende entón Bashar goberna o país de xeito ditatorial, arrastrando unha ilexitimidade de décadas que dende hai máis dun ano está a ser contestada de xeito violento pola poboación civil, orixinándose un estado de guerra civil "de facto" derivado da actuación indiscriminada das forzas de seguridade contra a poboación cometendo crimes contra a humanidade. Como consecuencia das primeiras protestas emitiuse unha autorización ás Forzas Armadas para a implementación de medidas extraordinarias.

Así, multitude de persoas críticas co goberno son arrestadas e encarceradas, son prohibidos os partidos opositores e ata as ONGs defensoras dos dereitos humanos, as mulleres son obxecto de discriminación e violencia de xénero e recoñécese o dereito do violador a casar coa muller violada para "protexer" a honra da familia. Sucédense as execucións sumarias extraxudiciais levadas a cabo polas forzas de seguridade e as milicias progobernamentais sobre civís e guerrilleiros da oposición.

Deste xeito Siria sofre un conflito desigual, iniciado en xaneiro de 2011, entre os rebeldes e o exército. A primeira manifestación de descontento produciuse en 26 de xaneiro cando un home se prendeu lume nunha rúa de Damasco, despois o 6 de marzo 15 nenos foron arrestados en Daraa por escribir slogans nas paredes contra o goberno e os veciños se botaron á rúa para esixir a súa liberación, se ben foi o 15 de marzo cando a xente se botou ás rúas das principais cidades de Siria e o goberno reaccionou enviando ao exercito con orde de abrir lume real e de asediar as cidades onde a oposición era máis activa. O resultado inicial foi o arresto de 3000 persoas e un número indeterminado de mortes. Os soldados que se negaban a disparar contra a poboación foron executados sumariamente. Da unión dos civís levantados e os militares desertores xurdiu o denominado "Exército Sirio Libre" en xullo de 2011, que segundo un comunicado conta con polo menos 40000 soldados entre as súas filas.

A medida que os rebeldes aumentaban en número e intensidade as súas accións de protesta así o goberno incrementou as súas medidas represivas, para o que, non só se serve do exército, senón tamén de unidades paramilitares, os "shabiha" (fantasmas en árabe), de cuxas denuncias de barbaridades, torturas, violacións e crimes de todo tipo non deixaron de suceder.

En agosto réunense en Istanbul as diferentes faccións opositoras que formarían o Consello Nacional de Siria cos Irmáns Musulmáns, a Organización Democrática Asiria e algúns disidentes curdos (que nunca viron recoñecidos os seus dereitos) e os Comités Locais de Coordinación. Ademais existe outra principal coalición de oposición siria, o Comité Nacional de Coordinación para o Cambio Democrático, que comprende grupos de esquerda e nacionalistas, na súa maioría seculares; disidentes independentes e algúns partidos curdos.

Calcúlanse en 70000 as vítimas mortais da guerra civil, deles uns 10000 son militares e desertores do exército. Hai 28000 desaparecidos, decenas de miles de feridos e un número indeterminado de prisioneiros. Máis de 600000 son refuxiados noutros países e 2,5 millóns víronse obrigados a desprazarse dentro do país.

O 18 de xullo deste ano un atentado rematou coa vida da maioría dos altos mandos da cúpula militar, incluídos o ministro de defensa e o viceministro (cuñado de Bashar), o que é unha mostra do compromiso dos rebeldes na súa loita contra a tiranía, iso sumado ao incremento dos desertores, en especial, de altos mandos e oficiais, non parece intimidar a Bashar al Asad, que se sente avalado por Rusia e China, que bloquean todas as iniciativas do Consello de Seguridade das Nacións Unidas. China polos seus crecentes intereses económicos e Rusia porque Siria é o único bastión que lle queda na zona, ademais de ser un gran cliente de material bélico.

Asdo: eDu
------------------

En castelán:

Lo primero que me gustaría resaltar es la creación de Siria como estado, pues pienso que muchas lectoras pueden tener una idea errada de como surgieron de la desmembración del impeiro otomano, por la intervención de las potencias impeiralistas europeas.

Así habría que aclarar que en 1919 en la Conferencia de Paz de París, el emir Faisal propuso la creación de una comisión para realizar una encuesta en Siria (y Palestina) para determinar los deseos de sus habitantes pero la propuesta fue rechazada por británicos y franceses que ya se habían puesto de acuerdo para dividirse los teritorios de influencia. O emir Faisal tenía la idea de crear una única y gran nación árabe y pese a ser prohibidas, se celebraron unas elecciones que darían lugar a un Congreso Sirio que redactou un programa en el que se manifestaba la voluntad del pueblo de que se mantuviera la unidad e independencia de la gran Siria y el rechazo a que Libano y otros teritorios fueran desgajados de ella (tal como acordaran franceses y británicos).. Estas divisiones llevadas a cabo en función de los intereses de las potencias coloniales no tuvo así en cuenta la realidad de las poblaciones que habitaban los territorios.

Poco después en la Conferencia de Paz de Versalles, Francia y Gran Bretaña consolidaron su acuerdo por el que Siria se constituia como estado, pero sin Libano y sin Palestina, quedando bajo “tutela” francesa y aunque el Congreso Sirio se opuso y declaró la guerra a Francia, el desequilibrio militar y armamentístico haría que el 25 de julio de 1920 los franceses tomaran Damasco y Faisal se vió obligado a exiliarse .

Así durante 5 años los franceses, para ejercer un mejor control del territorio sirio lo dividieron en zonas de influencia: el noroeste para os alauitas, el sur para los drusos y el resto con la capital Damasco. Hasta 1928 los franceses no cumplieron con el compromiso de la Sociedad de Naciones que establecía que las potencias debían de promover la redacción de una constitución en un plazo de 3 años desde la creación de Siria y convocaron elecciones para la formación de una Asamblea Constituyente ganándolas el partido nacionalista (laico, si bien de tradición y cultura islamistas), pero serían los propios franceses quienes redactaron de manera unilateral una Constitución que convirtió a Siria en una república parlamentaria en 1930. Y, si bien, en 1936 fue firmado un tratado franco-sirio para la declaración de independencia, este nunca fue ratificado por la Asamblea Francesa, de tal manera que, en 1939, a los ciernes de la segunda guerra mundial, estaba claro que Francia nunca iba a ratificarlo, por lo que el presidente sirio dimitió y se suspendió la constitución. Durante la ocupación alemana de Francia, Siria pasó a depender del Gobierno de Vichy hasta que fuerzas británicas y de franceses libres, tras una breve campaña, ocuparon Siria en junio de 1941 y anunciaron solemnemente la concesión de la independencia y convocaron nuevas elecciones que daría en 1943 amplia mayoría a los nacionalistas, si bien no fue hasta 1946 que las Naciones Unidas proclamaron la independencia de Siria (y Libano).

Desde ese año hasta 1963, en el que se instauró el gobierno del partido Baaz con un golpe de estado el 8 de marzo, se sucedieron gobiernos inestables y varios golpes de estado. Pero también fue la época en que jóvenes intelectuales salidos de universidades enfatizaron el proyecto de una sola nación árabe utilizando el concepto de unidad étnica y su máxima expresión fue la Liga Árabe en 1945 donde además de Siria estaban Egipto, Líbano, Transjordania, Iraq, Arabia Saúdita y Yemen del Norte con el objetivo de “servir al bien común, asegurar mejores condiciones, garantizar el futuro, y cumplir los deseos y expectativas de todos los países árabes” (conviene indicar que en la actualidad la forman 22 países, si bien Siria está temporalmente suspendida). En 1948 tendría lugar la “Nakba” o gran desastre, como denominan los árabes al reconocimiento del estado de Israel por las Naciones Unidas, hecho que fue un catalizador de las ideas panarabistas.

Consecuencia de ello fue la experiencia entre los gobiernos de Egipto y Siria, la unión transnacional panarabista con la República Árabe Unida que tan solo duraría de 1958 a 1961 con la figura del presidente egipcio Nasser que oscurecía cualquier liderazgo conjunto y que hizo que los nacionalistas sirios se desligaran al considerar esta fórmula como un intento de absorción de su país por Egipto. Un golpe de estado en septiembre de 1961 en Siria acabaría con este intento de manera definitiva, siendo un golpe casi mortal a la ideología panarabista.
Por otra parte, la desaparición del imperio otomano como único referente político y religioso durante siglos, dejó una sensación de desamparo a una sociedad pobre y con ningún otro referente estable que el Islám, lo que permitió un repunte de la ideología panaislamista, sobre todo entre las clases más desfavorecidas y de ahí surgiría la organización “Hermanos Musulmanes” que desde sus inicios intentaba preservar al Islam de las influencias occidentales y abogaban por la educación como método para cambiar las sociedades y llevarlas a la senda del Islam, pero tras un intento frustrado de acabar con la vida de Nasser, del que fueron acusados, fueron proscritos y a partir de ahí perseguidos, encarcelados, torturados y ejecutados muchos de sus miembros en diferentes países, lo que derivó en que asumieran métodos violentos para alcanzar la sociedad musulmana que ansían.

El partido Baaz, el partido del renacimiento, árabe y socialista había sido fundado en Damasco en 1947 y bebe de una ideología nacionalista, panarabista, socialista y laica, fue minoritario desde su creación hasta que algunos oficiales militares lo asumieron como parte de su ideario y con el golpe de estado se convirtieron en el partido en el poder desde 1963, tanto en Siria como en Iraq (hasta el derrocamiento de Sadam Hussein). Cabe señalar la importancia de la asunción de esos principios por parte de algunos oficiales del ejercito, dado que estos provenían de la organización Oficiales Libres que tendrían importancia transcendental en el devenir, no sólo de Siria sino también de Iraq y Egipto, dado que de ahí salieron los líderes de las revoluciones independentistas y los futuros presidentes de las nuevas repúblicas nacionalistas. Eran mayoritariamente de origen urbano, tenían buena formación y sufrían, como el resto de la población, las penurias económicas y las injusticias sociales derivadas de la ocupación colonial y de los sucesivos gobiernos corruptos.

Así llegamos a la época de la llamada guerra fría, en que el gobierno del partido Baaz fue apoyado por la URSS desde donde llegaron abundantes cantidades de armamento y así mantuvo un monopolio sobre el poder político, si bien las divergencias en su seno provocaron el ascenso a la presidencia del país de diferentes personas hasta que el coronel Hafez al Asad que había complementado su carrera militar en la URSS, dio un golpe incruento, la denominada “Revolución Correctiva” en 16 de noviembre de 1970, y asumió la jefatura del estado y desde entonces la corrupción ha campado por sus respetos: el control económico y empresarial del país se concentra, basicamente, en tres familias, los Asad, los Shalishes y los Majluf y a través de ellos, otras diez familias han extendido también sus tentáculos.(el organismo “Transpariencia Internacional” otorga un 2,6 sobre 10 a su índice sobre percepción de la corrupción, teniendo en cuenta que cuanto más alto es el índice más “limpio” es el estado).

Hafez al Asad al instalarse en el poder inició tímidas reformas e incrementó la capacidad militar del ejército y llegó a liberar presos políticos comunistas, intentó recuperar los Altos del Golán (en posesión de Israel) y fracasó en el intento y aproximó la política de su gobierno a la URSS como firme aliado.

Fue el autor de la masacre de Hama que ocurrió entre el 2 de febrero y 28 de junio de 1982 cuando el ejército sirio, llevó a cabo una política de tierra arrasada contra la ciudad de Hama, matando entre 150.000 y 200.000 civiles a fin de sofocar una revuelta suní.

Falleció de un ataque al corazón el sábado 10 de junio del año 2000 y le sucedió en la presidencia su segundo hijo varón, Bashar al-Asad, tras ser aprobada una enmienda constitucional que rebajó la edad de acceso a la presidencia de 40 a 34 años y se convocó un referendum sin contendiente para confirmar su nombramiento tan sólo un mes después, el 10 de julio. En ese momento se produjo un periodo de ebullición política durante el que los intelectuales y miembros de la oposición política, entre ellos miembros del partido comunista y reformistas del mismo partido Baaz, reclamaron el fin del estado de emergencia que existía desde 1963 con la excusa de la guerra permanente con Israel, y aunque, inicialmente el gobierno de Bashar responde con la liberación, en noviembre de 2000, de cientos de presos políticos, al año siguiente, acabó con el movimiento mediante la detención de numerosos activistas.

Desde entonces Bashar gobierna el país de manera dictatorial, arrastrando una ilegitimidad de décadas que desde hace más de un año está siendo contestada de manera violenta por la población civil, originándose un estado de guerra civil “de facto” derivado de la actuación indiscriminada de las fuerzas de seguridad contra la población cometiendo crímenes contra la humanidad. Como consecuencia de las primeras protestas se emitió una autorización a las Fuerzas Armadas para la implementación de medidas extraordinarias.

Así, multitud de personas críticas con el gobierno son arrestadas y encarceladas, son prohibidos los partidos opositores y hasta las ONGs defensoras de los derechos humanos, las mujeres son objeto de discriminación y violencia de género y se reconoce el derecho del violador a casarse con la mujer violada para “proteger” el honor de la familia. Se suceden las ejecuciones sumarias extrajudiciales llevadas a cabo por las fuerzas de seguridad y las milicias progubernamentales sobre civiles y guerrilleros de la oposición.

De esta manera Siria sufre un conflicto desigual, iniciado en enero de 2011, entre los rebeldes y el ejército. La primera manifestación de descontento se produjo en 26 de enero cuando un hombre se prendió fuego en una calle de Damasco, después el 6 de marzo 15 niños fueron arrestados en Daraa por escribir esloganes en las paredes contra el gobierno y los vecinos se echaron a la calle para exigir su liberación, si bien fue el 15 de marzo cuando la gente se echó a las calles de las principales ciudades de Siria y el gobierno reaccionó enviando al ejercito con orden de abrir fuego real y de sitiar las ciudades donde la oposición era más activa. El resultado inicial fue el arresto de 3000 personas y un número indeterminado de muerteos. Los soldados que se negaban a disparar contra la población fueron ejecutados sumariamente. De la unión de los civiles levantados y los militares desertores surgió el denominado “Ejército Sirio Libre” en julio de 2011, que según un comunicado cuenta con al menos 40000 soldados entre sus filas.

A medida que los rebeldes aumentaban en número e intensidad sus acciones de protesta así el gobierno incrementó sus medidas represivas, para lo que, no sólo se sirve del ejército, sino también de unidades paramilitares, los “shabiha” (fantasmas en árabe), de cuyas denuncias de barbaridades, torturas, violaciones y crímenes de todo tipo no han dejado de suceder.

En agosto se reunen en Estambul las diferentes facciones opositoras que formarían el Consejo Nacional de Siria con los Hermanos Musulmanes, la Organización Democrática Asiria y algunos disidentes kurdos (que nunca vieron reconocidos sus derechos) y los Comités Locales de Coordinación. Además existe otra principal coalición de oposición siria, el Comité Nacional de Coordinación para el Cambio Democrático, que comprende grupos de izquierda y nacionalistas, en su mayoría seculares; disidentes independientes y algunos partidos kurdos.

Se calculan en 70000 las víctimas mortales de la guerra civil, de ellos unos 10000 son militares y desertores del ejército. Hay 28000 desaparecidos, decenas de miles de heridos y un número indeterminado de prisioneros. Más de 600000 son refugiados en otros países y 2,5 millones se han visto obligados a desplazarse dentro del país.
El 18 de julio de este año un atentado acabó con la vida de la mayoría de los altos mandos de la cúpula militar, incluídos el ministro de defensa y el viceministro (cuñado de Bashar), lo que es una muestra del compromiso de los rebeldes en su lucha contra la tiranía, eso sumado al incremento de los desertores, en especial, de altos mandos y oficiales, no parece intimidar a Bashar al Asad, que se siente respaldado por Rusia y China, que bloquean todas las iniciativas del Consejo de Seguridad de las Naciones Unidas. China por sus crecientes intereses económicos y Rusia porque Siria es el único bastión que le queda en la zona, además de ser un gran cliente de material bélico.

No hay comentarios:

Publicar un comentario