Na páxina web do proxecto editorial colombiano "Publicaciones Corazón de Fuego", ligado à cultura Faino tu mesmx, veñen a poñer a dispor de quen quixer, a leitura (e/ou descarga) deste interesante libro (en formato linea e/ou en pdf) escrito polo anarquista venezolano Rodolfo Montes de Oca (en castelán). Se estás interesadx en afondar un pouco na problemática dos cárceres dende unha perspectiva anarquista, este é un texto adecuado para que inicies a túa aventura por ese extenso tema; xa que é un documento que recompila, de forma sinxela e doada de entender, a crítica anarquista sobre a existencia dos cárceres e o papel que desempeñan na armazón social do espectáculo mercantil.
Nas suas conclusións finais ("apuntes finales")Rodolfo escrebe:
"Despois de tantas críticas o que se queda claro é que o movemento anarquista en xeral é bastante crítico con referencia á institución penitenciaria. Considérana como un dos produtos máis daniños e pérfidos creados pola sociedade capitalista e o estado.
Pero aínda que o movemento anarquista é moi crítico con referencia ás Prisións, tamén poderiamos dicir que é moi pouco imaxinativo, xa que fomos bastantes incompetentes para propoñer unha teoría ou idea abondo ben elaboradas e estructurada que poida contribuír a suplantar o actual sistema penitenciario por un máis humano e xusto.
De feito é frecuente que cando lle preguntan a calquera anarquista, de como van facer para substituír aos cárceres, ou que van facer coas persoas que cometan actos de vandalismo dentro dunha posible sociedade anarquista. Non saben que contestar, ou o máis seguro é que contesten, "que cando chegue o día da revolución a sociedade de forma libre decidirá que facer cos cárceres". Dende o meu punto de vista unha opinión moi lixeira e bastante ambigua. Xa que denota o grao de inxenuidade e frouxidade mental que reina na nosa idea.
Polo xeral os anarquistas consideramos que ao abolirse a propiedade privada e pasar a un sistema ben sexa mutualista, colectivista ou comunista de produción, se eliminarán de raíz todos os delitos contra a propiedade ou relacionados con esta.
Logo, non habería a necesidade de roubar, porque todo pertencería á colectividade e seria un absurdo roubar o que sería teu. Os únicos que quedaría sen resolver serían os denominados "crimes pasionais", que son produto de impulsos emocionais que levan a certos individuos en certas situacións a cometer actos de trasgresión contra outras persoas.
Pero para este caso, algúns anarquistas argumentan que a construción dunha nova sociedade máis xusta, civilizada e humana, impedirá en boa medida esta clase de actitudes dentro do individuo e aqueles que o lograsen cometer serían tratados pola colectividade dun xeito distinto e sen a necesidade da privación de liberdade. Como vemos bastante utópica e imaxinativa a resposta dalgúns compañeiros.
É necesario que como libertarios pensemos en novas formas de organización social, alleas a todo tipo de privación de liberdade. Xuntar, crear, combater, propoñer e sobre todo pensar e actualizar o pensamento libertario aos nosos días é unha tarefa fundamental e primordial que deben cumprir todos os antiautoritarios, o camiño é longo e os días curtos, así que como conclusión final me gustaría deixar claro que non pode haber cambio social sen un verdadeiro cuestionamento ao sistema carcerario. Pola contra, seguiremos camiñando en círculo".
Descarga libre en pdf (acá)
No hay comentarios:
Publicar un comentario