Hai uns días publicamos en Abordaxe unha entrada que recolleramos do BoletínTokata con o título: "[Francia]: 5 Motíns en 4 Días...", no que dabamos conta de que "mentres que, como cada ano, no mes de agosto todo parece ir a ralentí, en prisión non hai vacacións e non as haberá xamais" e falamos de que en Francia, "na semana do 19 de agosto, os presos fixérono saber. 5 motíns en 4 días en 3 cárceres e un CIE (centro de internamento de estranxeiros)".
Agora, cheganos un outro artigo que abonda nesa realidade de que nos cárceres non hai vacacións de vran, e amplía a perspectiva do que se pasou durante o vran nos cárceres franceses, e que recollemos e traducimos de CointraInfo(es), quen à sua vez extrairon e traduciron de Lucioles nº11, Boletín Anarquista de París e a súa rexión, de setembro de 2013 :
O verán comezou coa triste normalidade dos suicidios. O 14 de xuño, un home aforcouse na prisión de Nantes (é o cuarto en tres meses alí); un preso de Baumettes (Marsella) probou a mesma sorte o 8 de xullo. En Bois-d'Arcy (departamento de Yvelines, rexión de Isla de Francia), o 6 de agosto, aforcouse un mozo de 29 anos. O 29 de xullo, produciuse a "morte natural" dun preso en Béziers: caeu por unha escaleira e non se recuperou. Pero tamén os hai que dirixen a súa rabia cara aos máis próximos entre os responsables do seu encerro. Antes de nada, (polo que sabemos) un preso tomou unha pequena revancha cun carcereiro de Saint-Quentin-Fallavier (departamento de Jura, rexión de Franco Condado), reténdoo durante unha hora cunha coitela de afeitar. O sábado 20 de xullo, en Moulins-Yzeure (departamento de Allier, rexión de Auvernia) un home toma como refén un carcereiro grazas a un coitelo de cociña debidamente afiado. O rapaz, recentemente trasladado a Roanne por ser sospeitoso de preparar unha evasión, quería ver a súa muller e que o trasladasen a outro sitio. O mesmo pasou o mércores 14 de agosto, en Ensisheim (departamento de Alto Rin, rexión de Alsacia): un preso secuestra un carcereiro porque rexeitaran darlle tratamento médico. No centro de detención xuvenil de Porcheville (Yvelines), tres adolescentes presos nunha desas prisións para mozos devólvenlles a educación aos carcereiros por nada menos que a liberdade. O 5 de agosto, mallan e amarran un carcereiro antes de encerralo, inconsciente, no cuarto do lixo. Deseguida intentan evadirse polo tellado, pero desgraciadamente os atrapan. Dous prisioneiros do cárcere de Meaux (departamento de Sena e Marne, rexión de Isla de Francia) tiveron máis sorte. O 24 de xuño, durante unha actividade deportiva fóra da prisión, conseguiron despistar a vixilancia dos carcereiros do servizo de inserción e liberdade condicional e fuxir. Dous días máis tarde, no tribunal da mesma cidade, un preso consegue fuxir, mesturándose coas persoas chegadas como asistentes ao espectáculo da Xustiza. Sacárono de prisión para xulgalo por roubo e acababa de cumprir cinco anos de prisión...
En agosto, a temperatura segue subindo. Xoves 1 de agosto, en Bourg-en-Gresse (departamento de Ain, rexión de Ródano-Alpes), unha vintena de presos rebélanse. Toman unha á da prisión e destrúeno todo, especialmente, as cámaras de videovixilancia e as canalizacións de auga inundando dous pisos. O móbil deste motín é o comportamento particularmente autoritario dunha carcereira e o feito de que os Xuíces de Aplicación de Penas son moi estritos. Luns 19, en Blois (departamento de Loir e Cher, rexión de Centro), un preso é vítima da enésima "morte sospeitosa". Uns sesenta presos amotínanse saqueando un sector do cárcere. Sacan tamén outros presos das celas. Os super-carcereiros do ERIS (equipos rexionais de intervención e seguridade, unidade da policía militarizada creada en 2003 tras unha serie de motíns en prisións francesas) sufocan a revolta, pero a prisión sufriu danos importantes e teñen que ser parcialmente evacuada. Para continuar, martes 20, en Châteaudun (departamento de Eure e Loir, rexión de Centro), unha vintena de detidos asaltan a sala onde se encontra o centro informático da prisión e intentan incendiala. Despois, soben ao tellado e tíranlles lousas aos carcereiros. Ao día seguinte, a mediodía, outros 30 presos intentan unirse a eles dende o patio. Os ERIS, que levan alí dende o día interior, tardan tres horas en "restablecer a calma" (con pelotas de goma, lacrimóxenos e granadas aturdidoras...). Trasladan uns 20 presos e a Administración Penitenciaria, temendo que a revolta se poidera propagar a todos os 590 presos, pide reforzos a París, Rennes e Dijon. A mañá do xoves 22, en Bois-d'Arcy (Yvelines), un preso encóntrase mal e o médico non chega. En protesta, unha vintena doutros presos rexeita entrar despois do patio, ata que chegan os ERIS. Aínda o 22, tócalle a quenda aos retidos do CIE (centro de internamento de estranxeiros) do Mesnil-Amelot (departamento de Sena e Marne, rexión de Isla de Francia). Un deles é machucado brutalmente polos madeiros por saltar un valo para coller un balón de fútbol. Os demais comezaron a golpear unhas reixas que cederon. Os madeiros reaccionan con porras e lacrimóxenos. Máis tarde, comezarían dous incendios, aos que os madeiros responden con traslados a comisaría para abrir investigacións na sua contra e bloqueando a todo o mundo no patio. E o verán remata (polo momento) ben: cunha bonita evasión! Na noite do venres 30 de agosto, once presos do CIE de Vincennes conseguen serrar unha reixa e largarse.
Os motíns de agosto móstrannos que a determinación dalgunhas persoas pode levar a resultados concretos, tanto como para poñer ao cárcere de Blois nun estado de "inseguridade" (palabras de carcereiro). Ante estas rebelións, a Administración Penitenciaria responde co caldeiro, a violencia, denuncias e traslados.
E nós, inimigxs das prisións, que fixemos fóra? O valor e a determinación coa que xs amotinadxs se rebelan chaman a nosa solidariedade concreta, polo tanto, o noso odio contra as prisións e todo o que as fai existir, non deberá limitarse a facer eco das protestas dxs rebeldes dentro deses muros. Cada un/unha de nós ten mil razóns para detestar o cárcere e pode encontrar o seu propio momento e os seus propios medios para atacar a máquina do encarceramento. Se non temos a forza de atacar directamente a eses sucios muros, reflexionemos sobre o feito de que o cárcere non é máis que iso. Os carcereiros non deixan de ser verdugos cando quitan o uniforme. Isto é o que quizais pensasen xs anónimxs que rebentaron seis coches no aparcadoiro do persoal do Centro penitenciario de Gasquinoy (Béziers, departamento de Hérault, rexión de Languedoc-Rosellón) o 25 de maio de 2013, ou mesmo xs que incendiaron catro vehículos de carcereiros xusto ao lado do cárcere de Ploemeur (departamento de Morbihan, rexión de Bretaña) o 25 de outubro de 2012. Quizais é o que pensaron xs que en París, entre finais de xaneiro e principios de febreiro, romperon as lúas de dúas sedes da CGT, sindicato que, a parte doutras gilipolleces, afilía carcereiros(*). E como esquecer a todas as empresas que se enriquecen facendo funcionar os cárceres, por exemplo, levando comida, provendo o comedor, limpando, facendo o mantemento, explotando o traballo dxs presxs, etc. E tamén hai empresas que constrúen cárceres (e ás veces son propietarias, alugándollas ao Estado). Encargarse de todo isto podería ser moito máis doado que apuntar directamente ao cárcere. Non obstante, un enfoque deste tipo daríalles problemas a aquelxs que encerran. Quizais pensasen isto xs anónimxs que o 15 de abril de 2013 atacaron a Eiffage, unha das principais construtoras (e, ás veces, propietaria) de cárceres. O incendio da maquinaria de obras, en Pontcharra-sur-Turdine (departamento de Ródano, rexión Ródano-Alpes), causou ao redor de 500.000 euros en perdas a eses voitres.
Aquí trátanse algúns exemplos concretos de como todxs e cada un/unha de nós podemos loitar contra os cárceres.
En solidariedade cos motíns dentro, cando os hai; pero sobre todo, e todo o tempo, por un mundo de liberdade.
--------------------------
(*) A CGT (Confederación Xeral do Traballo) de Francia é unha organización sindical fundada en 1895 cunha praxe próxima ao anarcosindicalismo, que propugnaba a organización voluntaria da sociedade dende os sindicatos, e que posteriormente foi derivando posturas moi diferentes. Tras diversas escisiones e unificaciones (mesmo disolución e prohibición durante o goberno proto-nazista de Vichy), a CGT convirtiuse no principal sindicato francés. Con a chegada da guerra fría e a hexemonía comunista do PCF, a CGT fica como un sindicato claramente procomunista, e segue a ser o principal sindicato de Francia, se ben nos últimos anos foise librando parcialmente da tutela comunista achegándose á socialdemocracia. Con todo segue estando vinculado ao PCF.
Trad eDu
Sabeis que la lucha de los FIES, en un principio fue una propuesta para lanzarse en Francias...mas que en España? Por eso se fundo una plataforma.
ResponderEliminarFinalmente la lucha cuajo en España, pero en Francia hay muchos mas cartuchos que quemar...el problema es que no hay una organizacion de gente fuera para llevarla a cabo...