As xornadas que, baixo o título: “A Loucura na Corda”, celebraranse en Compostela entre o 17 e o 20 de setembro, ambos inclusive, en diferentes espazos da cidade. Con estas xornadas búscase visibilizar, dun xeito aberto, diferentes perspectivas en torno á saúde mental, máis aló da perspectiva exclusivamente médica (que tamén estará presente), coa intención de achegar un pouco máis esta realidade tantas veces invisibilizada, e tantas outras estigmatizada.
Organizadas por xente de Compostela con diferentes relacions có mundo da saúde mental. Gracias a todxs elxs pola sua iniciativa, interese e gañas de facer cousas neste eido no que hai tanto por mellorar.
Comezaran o Martes 17 en A Biblioteca Anarquista "A Ghavilla" con estas duas palestras:
- as 18 horas: Os efectos da nova reforma do Código Penal sobre as persoas con diagnóstico psiquiátrico. A fiscalización das vidas. con José Ángel Brandariz
- as 19 horas: Desmontando a psiquiatría: Non é símbolo de saude non estar adaptado a unha sociedade enferma. Por Asamblea de Majaras
- Despois haberá Ceador Vegano
Mércores 18 na Facultade de CC da Educación.
- as 19 horas: Mesa redonda: Conversas arredor da Loucura:
* A psiquiatría crítica: máis aló da perspectiva biomédica (Guillermo Rendueles)
* A diversidade psíquica: os aportes do movemento da diversidade funcional (Isabel Lodeiro)
* Revisión e análise dos manuais diagnósticos. O modelo médico hexemónico e a relación coa industria farmaceútica (Ramón Area)
* Autoxestión da psicose sen fármacos (Paula Tomé)
Xoves 19 na Biblioteca Pública Ánxel Casal.
- as 19 horas: Experiencias prácticas no terreo da saúde mental
Debate sobre o traballo de empoderamento no eido da saúde mental coa presenza de diversos colectivos e asociacións da Galiza
Venres 20 no CSO A Casa do Vento.
- as 18 horas: Visionado do documental "Rufus May. O doutor que oe voces" de Leo Regan, fita de 2008 e 70 min de duración
- as 20 horas: Festa Final "Na corda frouxa" con Timba Poética; Música Sorpresa e Ceador.
E como din no blogue de Radio Prometea (colectivo colabourador das Xornadas): "Levamos uns meses a voltas có tema e levou o seu traballo organizalo todo. Non nos fagades o feo de non pasar sen causa xustificada… si… un chisquiño de chantaxe emocional"
Máis información en : xornadas.a.loucura.na.corda@gmail.com
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario