Colamos esta noticia de SermosGaliza (datada sobre as 18:30' de onte):
Un dos avogados da defensa, Borxa Colmenero, avanza que presentarán un recurso de casación perante o Supremo pois "isto non remata aquí", mais amósase sorprendido pola contundencia da condea.
Recurso de casación
"Foi un mazazo", asegura Colmenero, pois "non agardabamos unha sentenza tan contundente", di, en relación ás penas de cárcere recollidas e as acusacións vertidas polo xuíz Guevara. Neste senso, a defensa avanza que recorrerán "de maneira inminente" a sentenza. En primeiro lugar a través dun recurso de casación perante o Tribunal Supremo. "Isto ten moito percorrido, non queda aquí", aclara Colmenero en relación ao Tribunal Constitucional e mesmo o Tribunal europeo. Porén, terán que agardar a que lles sexa notificada a propia sentenza, "que podería chegar mañá" (N de Abordaxe: por hoxe, se ben na altura de colar acá esta noticía, seguemos sen saber se xá a receberon).
Así as cousas, recoñece, "esta era unha posibilidade", no entanto, amósase sorprendido pola magnitude da condena ao lles atinxiren "case o 100% dos anos que pediu a Fiscalía". Así, o avogado da defensa salienta o incremento das condenas após seren acusad@s de "participación en organización terrorista". Por falsidade documental "pasa de 6 a 8 anos" sen existir, indica, "proba de cargo contra Antóm [Santos] e María [Osório]".
A defensa salienta que @s propi@s acusad@s non tiveron coñecemento formal das penas de cárcere mais que a través dos medios de comunicación. Neste senso, María Osório --en liberdade desde o pasado mes de febreiro-- amosouse "sorprendida e desgustada", salienta o seu avogado, após saber do ditame pola imprensa, "preguntounos que había de verdade nas novas publicadas" cando o seu letrado aínda non tivera acceso á sentenza.
Unha sentenza filtrada á imprensa
En relación á publicación das condenas nas principais cabeceiras da imprensa galega e española, Colmenero considera que é unha estratexia habitual que fai parte "da sociedade do espectáculo na que vivimos" baseada nun "simulacro constante".
Así as cousas, o avogado indicou que a defensa ten "xa a documentación lista" para iniciar o recurso xudicial e subliñou a súa sorpresa pola "valoración" que o tribunal deita "dos informes periciais da Garda civil" fronte os achegados pola defensa. Nunha leitura rápida da sentenza, Colmenero salienta que o extenso documento non referencia "a expulsión" de Bernardo Maiz e Carlos Taibo --presentados como peritos, no que considera "unha violación do dereito de defensa".
Á espera de analisar con maior profundidade o contido e calado do ditame xudicial, Colmenero afirma que dela se tiran "intereses para alén dos xurídicos" ao se desbotaren "probas periciais" por as consideraren "irrelevantes" ou que mesmo, asegura, non se acheguen probas contundentes para probaren a existencia dunha organización terrorista na Galiza que se dá por feita ao longo do texto. Cumpre salientar que na vista oral @s imputad@s negaron a existencia de RG e a súa suposta pertenza a ningunha organización armada. No entanto, subliña, habida conta da "traxectoria desa sala", indica en relación á sección terceira da sala do Penal, "non creo que emitan unha sentenza pensando que esta poida ser tombada".
No hay comentarios:
Publicar un comentario