O tema deste macroxuízo xá foi tratado abondosamente neste blogue (ver acá) e agora (reiterando o expresado no anterior post) vimos de saber, unha vez máis e van..., que a Xustiza non ten nada de xusta à hora de xulgar a membros das forzas represoras do Estado.
Así recollemos de Naiz a noticia segundo a cal case dous meses despois de iniciarse o xuízo, hoxe ven-se de coñecer a sentencia que condena a 3 anos e 5 meses de prisión ao subdirector médico de Quatre Camins, Xavier Martínez Redondo, por sete delitos de atentado contra a integridade moral e outras sete faltas de lesións, mas a mesma sentencia explicita, non tanto, que o cumprimento máximo da pena será de 18 meses, ao que se suman 1.050 euros en multas e a inhabilitación profesional. Outros cinco mercenarios foron condenados a penas dentre catro e doce meses, que non comportan ingreso en prisión(??).
É de sinalar que a Audiencia de Barcelona aplicou condenas máis baixas das previstas polo Código Penal para casos de atentado contra a integridade, ao aplicárselles como atenuante as dilacións indebidas no proceso xudicial (dilacións das a acusación exercida polos reclusos responsabilizou durante anos precisamente aos acusados). De igual forma, resulta curioso que a sentencia non recoñeza as agresións aos reclusos como torturas, rexeitando as teses da acusación e mesmo da propia fiscalía.
Resalta tambén a condena à Generalitat de Catalunya -responsable das prisións- como responsable civil subsidiaria, o que implica que deberá pagar as multas dos condenados se estes se declaran insolventes.
En definitiva contrastan estas sentencias con as do xuízo aos 17 presos amotinados, que acabara xá há 5 anos, en 2008, con a condena de sete reclusos por delito de homicidio en grado de tentativa e de outros siete por faltas de lesións (3 máis foron absoltos), e onde alguns destes presos viran incrementada a sua pena en ata 19 anos máis.
Alguén segua a crer na xustiza??
Colado por eDu
No hay comentarios:
Publicar un comentario