E isto só é o comezo, 900 novos e flamantes chalecos antitrauma, de case 300 pavazos cada un, cos que equipar as xa de por sí "pouco protexidas" unidades antidisturbio. Como se fose a eles aos que lles fixesen falta! Así comeza o absolutamente exorbitado gasto en material represivo que este ano viuse incrementado no escandaloso porcentaxe dun 1780% (como xa informáramos hai pouco nesta outra entrada AQUÍ). Pero se este aumento parécenos sorprendente, apenas é nada en comparación coa previsión de gasto nesta materia para os vindeiros cinco anos, que pasarán dos máis de 3 millóns de euros de orzamento para este ano (co mentado 1780% de aumento con respecto ao 2012) a 10 millóns de euros.
En contraste co aumento dos orzamentos para material antidisturbios, conxélanse os relativos a policía científica (na nada desdeñable cifra de 428.900 euros) e incluso diminúen os gastos noutros tipos de armamento. Vese que o goberno ten claro que as súas prioridades pasan pola contención de protestas máis que polo esclarecemento doutra clase de crimes. De feito, pese a desproporcionado aumento das dotacións dos antidisturbios, o número total de maderos diminúe de 91.585 a 90.187. Deixanse de sutilezas policiais para cargar o acento sobre a represión pura e dura e na contención da protesta. E menudo acento, un orzamento que multiplica por 19 o do ano pasado e que aínda prevé novos e sustanciais aumentos para os anos vindeiros.
Que é o que espera o goberno? a revolución? Pois semella que mentres eles estanse a preparar para o que xulgan inevitable, nós non estamos á altura das circunstancias.
Eles prepáranse para a guerra contra o pobo, que é o que estamos a facer nós???
Redactado por C.R. con información da prensa comercial.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario