Apenas uns días antes da concentración contra a represión aos movementos sociais, a subdelegación do goberno envía novas e inxustificadas sancións por participar en actos de "Stop Desafiuzanmentos". Nesta ocasión corresponden a concentración fronte a sede do P.P. da cidade herculina do pasado 9 de Abril, que, do mesmo xeito que na maioría de capitais do estado, protestaba ante a guarida dos populares no día do debate da ILP sobre a dación en pago no congreso dos diputados ( máis sobre esa concentración AQUÍ). Cinco son, polo de agora, os sancionados nesta nova ocasión, pero o número semella que podería aumentar nos vindeiros días. Súmanse, deste xeito, aos oito sancionados do desafiuzamento de Aurelia, máis @s tres enxuiciad@s por impedir o acceso ao camión dos bombeiros ese mesmo día, e, no bando das represalias que aínda non chegaron (pero que de seguro chegarán): as tres persoas que bloquearon o portal de Aurelia (sinaladas xa pola prensa e a subdelegación como procesados) e a varios participantes das protestas contra o ofimático (AQUÍ) aos que os antidisturbios tamén lles prometeron a súa ración de xustiza popular (do partido popular, claro). Iso sen falar das manifestacións ilegalizadas, as identificacións inmotivadas e intimidatorias ou o hostigamento de periodistas alternativos.
Vese que con estas novas multas a subdelegación do goberno da Coruña quere encher de contido a concentración de mañá contra a represión dos Movementos Sociais, que baixo o título "Múltannos a nós para asustarte a ti", protestará no Obelisco ás 20:00h contra escalada represiva contra calquera acto de disidencia (máis info neste blog AQUÍ).
C.R.
Convocatoria en "Corunha.info" AQUÍ.
Artigo en "Praza" sobre as novas multas AQUÍ.
Facebook de "Stop Desafiuzamentos" Coruña AQUÍ
10 jul 2013
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario