Recollemos do blogue da Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños:
Foi unha xornada agradable onde se alternaron actuacións musicais en directo (Toñito de Poi, Josito Porto, Roberto Sobrado…), artistas creando na Carballeira de Santa Mariña, recital de poesía e presentación do libro Versus Cianuro e obradoiros de pintura e estampado para o público asistente.
Montouse tamén unha instalación artística colectiva contra o arsénico, o cianuro e a destrucción da natureza: o "Milladoiro de Corcoesto", unha proposta de Xacobe Meléndrez Fassbender na que participaron máis dun cento de persoas que escribiron desexos, versos e diversos textos ou interviron artísticamente pedras que foron depositando nun montón, flanqueando un dos camiños de acceso á boca da vella mina. Entre os perto de 300 croios alí depositados os había de orixe portugués, mexicano, senegalés… algúns eran verdadeiras esculturas cedidas por artistas de recoñecido prestixio (Artemio Lamas, Sebas Rozas, Carlos Botana, Mercedes Molares, Teiga...) e outras que contiñan texto escritos de puño e letra por renombrados escritores alí presentes (Helena Villar Janeiro, Francisco Fernández Naval, Tati Mancebo, Iolanda Aldreu…).
Os milladoiros son montóns de croios acumulados de xeito testimonial en determinados lugares. É unha práctica que ten unha raiz celtíbera, pobo que ía botando as pedriñas en cruces de camiños e outros lugares cunha simboloxía especial, para alonxar os malos espíritos.
Practicouse e practícase ainda en multitude de culturas de todo o mundo, dende a tribu Churingaque en Australia ate os Masais africanos, pasando polos pobos do norte penínsular esencialmente no Camiño de Santiago, neste caso despois de pasar o tamiz da cristianización.
Utilizabanna tamen os gregos e os romans tendo diversos significados. A pedra foi símbolo de forza, virilidade, fecundade, persistencia, demarcación… e nós utilizaremola de novo en Corcoesto, para alonxar os malos espíritos, os do arsénico e o cianuro que con este modelo de explotación mineira ameazan con mobilizarse polo interior da nae terra, nas súas veas de auga, as mesmas que nutren as nosas produccións agrícolas e gandeiras e que iría empozoñar tamén a ría toda.
Iñoranza e Vandalismo
Mans infames fixeron desaparecer a obra de arte construida entre todos en Corcoesto, máis dun cento de contribucións populares e algunhas con sinaturas de artistas e escritores de prestixio recoñecido. Mesmo iñorando a tradición popular que fai destinatarix de todo maleficio a quen destruir un Milladoiro, a quen tan sequer leve unha pedra das nel depositadas. O malfado para os intransixentes co pensamento alleo, cos destrutores da paisaxe dos seus netos.
Malia isto a instalación pervivirá na memoria e se exporá no outono no novo edificio do Forum de Carballo e na primavera na galería "El taller" de Santiago de Compostela, e o fará documentada por un vídeo que reflexa os distintos momentos da montaxe e un albún fotográfico coas croias intervidas e os seus texto.
"Enarborar o Bosque" é unha convocatoria do Colectivo arTeu (Inma Doval e Xacobe Meléndrez) e a Factoria Delideas (Delio Sánchez).
Máis información en: http://enarborarobosque.blogspot.com.es/
No hay comentarios:
Publicar un comentario