Colamos esta convocatoria de SermosGaliza:
As plataformas de todo o país desprazaranse a Compostela o sábado dia 22 para unha nova mobilización, desta volta cunha feitura distinta. As persoas afectadas polas participacións preferentes e subordinadas concentraranse na Praza do Obradoiro de 11 da mañá a 20 da noite, co xantar incluído na praza.
O programa está xa a circular entre as distintas plataformas, que contactaron con representanes do mundo da cultura para intervir na xornada mostrando o seu apoio ás persoas que están a desenvolver unha longa loita por conseguir a devolución íntegra dos seus cartos. Será esta a primeira mobilización despois de ter rematado de forma oficial o tempo da arbitraxe e a segunda desde que se coñece a quita aplicada ás afectadas de NGB, despois de que o pasado sábado se manifestaran en Ourense.
A concentración comezará a partir das 11 horas, cando as distintas plataformas cheguen a praza máis simbólica do país. A seguir, intervirán as distintas plataformas a través de comunicados ou mesmo poemas, cancións ou textos literarios. Ás 13 horas lerase o manifesto para, a continuación, comezar coas intervencións das persoas convidadas do mundo da literatura, da música ou das artes escénicas. Para as 14 horas está fixada unha foto central con pancartas nas escaleiras da catedral, xusto antes do tempo de xantar, na propria Praza do Obradoiro.
Ás 16 horas, convidados por Adicae desenvolverase un pasarrúas pola cidade para despois ter lugar unha asemblea aberta con intervencións de membros da plataforma e, a seguir, repetir lectura de manifesto e intervencións do mundo da cultura antes de que ás 20 horas, unha anova foto diante da catedral coas pancartas despregadas poñan fin á xornada.
As vítimas das preferentes anunciaron na mobilización e Ourense que ían intensificar aínda máis as súas mobilizacións e esta de Compostela sitúaos sen dúbida, na praza máis referenciada de Galiza, cita obrigada de turistas e pelegríns que chegan a Santiago co cal, de especial forza á hora de darlle visibilidade á protesta.
A miña "solidaridade" coa "causa" dos preferentistas (xa o simpre feito de nominalos en prefererencias por status bancarios, insulta o mue estomago anarquista e Libertario, e iste non deixa de arcadearse pra despois acabar por vomitar ca primeira labazada de "lume de carozo") ... Coma decia, a miña "solidaridade" pra con eles( "os ilustres preferentistas") non pasa dunha merda que adico a eles e a os que fan"causa" eiqui da loita polo capital....(os bancos fan con vos o que a maioria de vos facedes cos vosos propios veciños a os que considerades "non preferentes" ... iso si!! e coma sempre dende o mesmo engaño da postura individualista daquel o que gosta das PREFERENCIAS simpremente por que vasea a sua vida na cantidade de capital do que dispoña..ou nón, . O capital so fai victimas, loitar por el so alimenta egos hipocritas. )...
ResponderEliminarSaude!!
O "tue" estomago anarquista e Libertario tampouco te deixa ver o bosque se só vês nas gentes enganadas polas "preferentes" (vale sim som aforradoras e gostam do dinheiro, mas a imensa maioria forom enganadas) a pessoas que fam com a sua vizinhança o que os banqueiros figerom a elas (??) e que som possuidoras de "egos hipócritas".
ResponderEliminarNa minha experiência de falar com elas, som gente moi cabreada e disposta a tudo e que levou o pau da sua vida.
Claro, muitas delas viverom toda a sua vida dum jeito monetarista, mas nom crio que por isso deva a sua luita pela dignidade nom ser defundida nesta página , que nom pretende ser um modelo de comportamento "anarquista" e que é proclive a anunciar atos de rebeldia e protesto que organicem coletivos em luta.
Poida que a tua solidariedade só alcance a quem, coma tu, nom usa dos quartos nem precisa deles polo bem da humanidade toda.
Obrigado pola merda!!
como colofom ao apontado ao respeito dos egos hipócritas das afeitadas polas preferntes. ver a notícia deste blogue sobre as sançonadas no caso aurelia:
Eliminarhttp://abordaxerevista.blogspot.com.es/2013/06/as-sancionadas-por-evitar-o-despexo-de.html
."foron acompañados por un cento de persoas, entre elas varios bombeiros -que acudiron en solidariedade cun compañeiro afectado-, membros da plataforma Stop Desafiuzamentos, e un grupo de vítimas da estafa das preferentes, que quixeron amosar así o seu apoio ao movemento contra os despexos"