Colamos esta convocatoria para hoxe mesmo recebida na nosa caixa de correos da Oficina de Dereitos Sociais de Coia, quen xunto a Parroquia Cristo da Victoria, GAS (Grupo de Axitación Social) e o grupo IMÁN convidan a que vos acheguedes pola mesa informativa que hoxe xoves 13 de xuño estará montada ás portas de CEDRO (rúa Pintor Colmeiro 9).:
A finais do mes de xuño temos pensado facer a entrega das follas, estamos preto das 100, nun acto que agardamos sexa maioritario e co que esixiremos que concello e Xunta comecen a tomar medidas ante a situación de emerxencia social na que vivimos a maioría da poboación, o IGE acaba de publicar que o 28% dos fogares en Galiza subsisten grazas só a prestacións, a través de medidas como: implantación dunha Renda Básica, parar os desafiuzamentos e pór a disposiición da xente as 20000 vivendas baleiras que hai na cidade...
Esiximos os nosos dereitos e o reparto da riqueza, RENDA BÁSICA XA!
No hay comentarios:
Publicar un comentario