Non só NON PROHIBEN as "Pelotas de Goma", senón que instauran o método da "MANGUEIRA" como medida de dispersión en manifestacións... E os sindicatos UGT e CCOO (cómo non) respaldan a decisión do Director Xeral dos Mossos, Manel Prat, quen deixa claro que non van a substituir às balas de goma pese ao Informe que presentou antonte martes o colectivo Stop Bales de Goma, no que se recorda que 11 persoas resultaran feridas de gravidade en Catalunya por culpa distos proxectis dende que a Generalitat ten competencias en orden público (este tipo de municións usanse tambén no resto do Estado e xa causaron duas mortes, a primeira vítima fora Rosa Zarra, quen faleceu tras ser golpeada no seu abdomen en 2002 e a segunda fora en abril de 2012 cando Íñigo Cabacas falecera en Bilbo tras recebir o impacto na sua cabeza, ademais entre 1990 e 2012, canto menos 22 persoas perderon un ollo).
Prat ainda tivo arrestos para indicar que este informe contén "incorreccións" dado que o Parlamento Europeo non considera às pelotas como letais, e que éstas non se disparan a 700 kilómetros por hora, senón a 470 km/h.
Os tanques que se emplearán pertenecen ao departamento de Interior dende os anos 90, pero atá agora non se usaran porque, segundo Prat, tiñan inconvintes como a falla de autonomía ou de "movilidade". O departamento calcula que estarán operativos dentro dun mes, cando os axentes xa estexan formados no seu uso.
Como diciamos, Prat xa deixou claro que a incorporación distos cañóns non implica nengunha moratoria ou retirada das balas de goma, senon que a policía catalana manterá os métodos de dispersión empregados atá agora -en alusión aos polémicos proxectis- baixo os criterios de "progresividade e distancia", e en función da situación se empregará unha ferramenta ou outra, ao tempo que admitia que os cañons non son "menos lesivos" que as balas de goma.
A defensa das balas de goma por parte de Prat coincide con a que xa fixera o Conseller de Interior, Ramón Espadaler, quen non tivo reparos en obviar o Informe do Síndic de Greuges (o Valedor do Pobo catalán) onde tambén pediase a moratoria sobre o uso das blas de goma.
Tambén cabe destacar a posición dos sindicatos de Mossos (entre eles CCOO e UGT) que reivindican de forma unánime a necesidade do uso de material de dispersión, sexan pelotas de goma ou outro medio alternativo, para garantir a orden pública e ao mesmo tempo preservar a distancia entre os antidisturbios e os "violentos", en aras à seguridade de ambos(???).
Colado por eDu segundo información recollida de ElDiario.es (aquí, acá e acolá)
Mais Información: Informe "Stop Balas de Goma"
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario