Entanto estabamos a traducir este relato de Txema Pirla para publicalo acá e buscando mais información atopamonos con que poucos dias antes fora atopado morto un home de 47 anos neste mesmo centro de exterminio, na sua cela do módulo 7 (ver noticia acá). Cando Txema escrebera isto, non sabía tampouco desta última morte en Albolote.
Colamos pois as reflexións de Txema unha vez traducidas:
O certo que Albolote é como todos os cárceres. Esta é a número 30 na que moro. Nos 5 anos e medio que levo aquí vin dous suicidios consumados no noso módulo de "conflitivos" que din eles; outro moi sospeitoso doutro loitador aforcado no Celular (illamento). Tamén noticias de, polo menos, 6 ou 8 mortes por "sobredose", termo co que descualifican ao cadáver e pechan calquera investigación do como e porqué.
Isto son mortuorios onde o lumpen-proletariado abandonado de toda esperanza entregado á droga, e por causa da súa prohibición (que só serve para enriquecer a uns poucos e manter un aparato represivo que chupa o 30% dos presupostos anuais, dende militares ata chiles -municipais-), non encontra a motivación de loita e si de renuncia e abandono a forzas "superiores" (policías, xuíces e carcereiros), que en vez de amparalos os prisionizan, e trastornan os seus valores morais, que fóra deste sistema capitalista producirían seres solidarios e non o 90% de sabanduxas que poboan os penais. O desespero leva @s pres@s a matarse, a renderse e a pensar só en saír e buscar o hedonismo e o consumismo "programado".
Encontro ao longo dos anos espíritos libres que están pola Liberdade e intento que muden en libertarios. Pero, salvo casos, apenas xorden flores no légamo -barro- do primeiro chanzo da pirámide social conformada polo inimigo e os seus esbirros. Moi poucos, pero xorden espíritos nobres no lumpen.
En canto aos servizos médicos, hai de todo. Alguns son decentemente hipocráticos (respectan a saúde e vontade do paciente), pero a maioría son platonistas (o estado primeiro, e despois o individuo). Estes últimos non teñen escrúpulos en inxectar fármacos que anulan a mente e o corpo, xente que non informa das lesións sufridas por @s pres@s ás mans dos carcereiros, que ocultan a tortura (xa o cárcere o é de por si para calquera sensible) e os malos tratos sen vergoña.
Outra das peores cousas que hai aquí é o "departamento de comunicacións". Non só fustrigan os familiares senón que utilizan calquera escusa para non os deixar comunicar. Ata os bebes deben traer un carné de identidade, non vale un libro de familia! E dende dentro non se poden meter nas comunicacións máis que 4 refrescos e nada máis. Asunto que, a base de recursos, está na audiencia de Granada, pero nin caso e nin esperanza. A est@s habería que montarlles outro pifoste.
O despotismo e arbitrariedade entre @s gardas é a moeda común, e a brutalidade para "reducir" a pres@s enfadad@s que claman contra as inxustizas é habitual.
Entre est@s carcereir@s hai alcohólicos e outros que beben no "traballo". Hai un par de gardas ionkis tomando metadona. Para flipar que esteamos en mans de semellante xente. Hai unha minoría dos máis veteranos, que xa fartos, intentan dar un trato humano (simple cumprimento das leis), pero, polo xeral, son relegados a postos co mínimo contacto con @s pres@s. Pero os gardas novos son máis brutais e escudan a súa conciencia tras ideoloxías ultradereitistas. Para el@s somos a fez da sociedade, xente non a inserir na sociedade, senón a dobregar, quebrantar e, de ser a cousa discreta, exterminar.
Ben, bastante amargor e centos de historias impídenme seguir. Á miña compañeira sentimental e camarada gaditana INMACULADA GARCIA RUEDA deixárona morrer nun illamento por corentena, xa que a súa compa de cela tiña varíola, que o meu tronka pasara. Unha noite levárona ao hospital e ingresou cadáver. Pneumonía, desidia e ASASINATO DE ESTADO. Era reivindicativa e libertaria.
Ao meu amigo Paco Ortíz empurrárono ao suicidio. Tras 20 anos, volveu caer e viu en que se convertera isto e as, para el, nulas posibilidades de loita e liberdade. Outros 3 anos de F.I.E.S. (xa comera 20 en primeiro grao e en Réxime Especial F.I.E.S.) foi suficiente. Que a terra lles sexa leve e que @s revolucionari@s non esquezamos tanto sangue e inxustiza. O pasado bérranos, o presente clama e o futuro está nas nosas mans.
Saúde e liberdade.
Jose María Pirla Oliván.
C.P. Albolote Módulo 5
18.080 Granada.
5 jun 2013
Mortes en prison. A brutalidade do centro de exterminio de Albolote, Granada. Por Jose María Pirla Oliván, 33 anos preso.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario