12 jun 2013

Gabriel Valenzuela Montoya, menor, Preso Político Mapuche, comenzou unha folga de sede.

Días atrás deramos conta neste blogue da sua decisión de comenzar unha folga de fame (ver acá), e agora vimos de saber que, depois de 30 días en folga de fame, nos que o Estado e a xustiza chilena non se brindaron en dar resposta algunha a sua protesta, o mozo Mapuche decidiu dar un otro paso na luita e comenzar unha folga de sede que, segundo as suas proprias palabras: "na cal mantereime ata sacrificar a miña vida polo meu pobo e a miña liberdade".

Colamos o seu Comunicado Público dende o carcere de menores de Chol Chol que recollimos e traducimos de KaosenlaRed:

Dende o cárcere de menores de Chol Chol, informo o pobo mapuche e á opinión publica nacional e internacional, o seguinte:

Eu, Gabriel Valenzuela Montoya, menor preso político mapuche, recluído hai máis de 9 meses no CIP CRC Chol Chol, declaro que xa despois de 30 días en folga de fame, e ante a nula resposta do Estado e a Xustiza respecto ás miñas demandas, anuncio dende hoxe 11 de xuño do 2013, o inicio da miña FOLGA SECA, a cal manterei ata sacrificar a miña vida polo meu pobo e a miña liberdade.

Teño claridade que a avanzada deterioración do meu estado de saúde produto da folga de fame que levo dende o 13 de maio, pode poñer en risco a miña integridade, pero asumo dende xa todo o que iso implica para que se escoite a miña demanda:

- Liberdade inmediata con arresto no meu domicilio mentres segue o proceso de investigación.


Isto, amparado na mesma Convención dos Dereitos do Neno, que resalta no Artigo 37 a "Que os Estados velarán por que ningún neno sexa sometido a torturas nin a outros tratos ou penas crueis, inhumanas ou degradantes. Que a prisión se utilizará só como medida de último recurso e durante o período máis breve que proceda".

De máis está dicir que o Estado de Chile incumpre este tratado cada vez que arrasa as nosas comunidades e tortura aos nenos e nenas mapuche, cando os procesa e os encarcera, vulnerando a nosa integridade física e emocional.

Finalmente, dende o cárcere de menores de Chol Chol, fago un chamado a todo o meu pobo a apoiarme nesta xusta demanda pola miña LIBERDADE, fago un chamado aos que apoian en distintas frontes de loita, a seguir denunciando, a seguir visitando os cárceres, a seguir defendendo o noso territorio da usurpación, a sobreexplotación e as mans do capitalista.

LIBERDADE A TODOS OS PRISIONEIROS POLÍTICOS MAPUCHE

LIBERDADE INMEDIATA DO NOSO TERRITORIO

ABONDA DE MONTAXES CREADAS POLO FISCAL ANTI MAPUCHE LUIS CHAMORRO

No hay comentarios:

Publicar un comentario