Este Vídeo-Denúncia parte do projecto comunicativo da comarca do Úmia, Quinteiro, mas, tristemente, é umha realidade contrastável em muitas estradas da Galiza e do resto do estado espanhol.
Colamos o texto que acompanha a este vídeo: "Centos de quilómetros de cunetas deste país padecen o arraso de toda vida que puidese existir nelas. Tamén na comarca do Umia, onde o herbicida queimou todo. Estas imaxes pertencen á zona da Anllada, na N-640, aínda que sabemos que é unha práctica aplicada tamén noutros puntos do País".
Além, imos deixar claro que estas substâncias biocidas, ainda que legais, "comportam riscos para a saude pública humana e animal e mesmo ambiental ao envelenar aguas e solos"
Comenta com bo tino, José Ángel Salvatierra no blogue Ribadeando que "este tipo de desbroce químico, pola información que recollín en internet, estáse a facer noutras partes de España, en Andalucía por parte da Conselleria de Obras e tamén na Comunidade de Castela a Mancha. Nesta última mesmo nas estradas das Deputacións. Desgraciadamente parece que a fumigación de cunetas con herbicida non é exclusiva de Galicia, aínda que aquí, eso si, sempre copiámolo peor. Coa diferenza agravante que aquí chove máis que en calqueira outro sitio de España, e así pois a posibilidade de contaminación por arrastres de augas a regatos e mananciais é maior.
Esta forma de limpar de maleza as estradas (eu diria que de ensuxar) tan só se ve en España. Eu, que levo percorrendo distintos países de Europa nos últimos vinte anos, non vin o mesmo polo mundo adiante. Fai un mes que percorrín Portugal de norte a sur, e viceversa, con rota distinta, e non atopei estradas fumigadas. Se a disculpa é a crise para aforrar, Portugal esta peor ca nós, económicamente me refiro, e non fan esto.
Ó secar a maleza co herbicida, as cunetas e arcéns convertense nunha gran “mecha” permanente todo o verán ó longo das estradas para a propagación do lume.(...)
(...)Que di a Conselleria do Medioambiente? Nada. Véndennos Reservas da Biosfera, Redes Natura, ZEPAs, LICs etc, etc. e logo envenenan o medio, cando verdadeiramente non é necesario, a parte de provocar un gran impacto ambiental. Non teñen a máis minima sensibilidade, nin gusto pola paisaxe. Ata esto nos quitan, que é do pouco que a natureza en Galicia nos da gratis, pero entre todos empeñámonos en destruir. Ecoloxistas en Acción de Andalucia ten denunciado estas fumigacións diante da Conselleria de Medio Ambiente, pois estánse a facer fumigacións con herbicida ata en pistas de Parques Naturais. Esto xa é o máximo. Hai que facer algo".
E, como aponta, José Ángel, em Andaluzia já há tempo que venhem a denunciar (acá também o figerom vários colectivos ecologistas como ADEGA ou Verdegaia e vizinhais sem acadar, de momento, rematar com esta barbariedade), e recolhemos do blogue da Asociación Hispania Verde estas suas palavras ao respeito do veleno e as suas consequências:
"A vegetaçom aparece sospeitosamente seca nos margens da estrada.
Estas prácticas, comportam sérios riscos para a saude dos ecosistemas e, longe de eliminar o risco de lumes, o incrementam pola grande quantidade de lenha seca que fica nas beiras, a pesar de que seja algo legal para o sistema espanhol.
A chuva arrastra os químicos e istos contaminam a terra e os acuíferos, fazéndo-se parte na cadeia que gera a vida no nosso planeta. O único que sobrevive a istos herbicidas, é a erva da Pampa (Cortaderia selloana) e outras plantas invasoras, provocando que sejam o único verde que sobrevive, e assim é garantida umha plaga destas plantas dado que se eliminou case toda a sua competência natural.
Os herbicidas com glifosato podem ser altamente tóxicos para animais e humanos, estes podem entrar nos ecosistemas por escorrentia superficial, contaminar a fauna acuática e, a partir de ai, intoxicar toda a cadeia biológica. As beiras donde se fumigou, contam com abundantes vias de agua, devido às copiosas chuvas, aguas que fluem cara os rios. Estudos de toxicidade revelarom trastornos como toxicidade subaguda e crónica, danos genéticos, trastornos reproductivos, aumento da frequência de anomalias espermáticas e carcinogénese em animais expostos ao glifosato, o pesticida ‘estrela’ de Monsanto".
Também no Berço, sinalam María Fariñas e Tino Bello numha Carta publicada no Bierzo Diario com o título Stop aos herbicidas tóxicos nas estradas, caminhos e vilas da província, sinalam:
"Seguramente essa laboura realiza-se com produtos que tenhem o glifosato como princípio activo, relaçonado com 20 efeitos adversos para a saude pola EPA (Agência de Proteçom Ambiental de Estados Unidos) que o clasificou como substância tóxica de Clase III e os seus efectos nocivos tenhem sido demonstrados por diversos estudos científicos, disponíveis em revistas e outras publicaçons para todos aqueles que desejem informar-se e nom fiar-se de mensagens “interesados e enganosos”.
Esta práctica, inecessária por existir alternativas inócuas que gerariam emprego e actividade económica, pom em perigo a nossa saude, destruindo acuíferos e danando nossos ecosistemas"
Até quando??
Notícia redactada por eDu
20 jun 2013
Denúncia: As beiras das estradas continuam a ser arrasadas com herbicida
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
http://wp.me/p1NuYX-eK
ResponderEliminarContra as fumigacións masivas, as defensas pequeniñas conseguen de vez en cando resistir. Ás veces, rozar a realidade cos nosos propios medios é unha posible solución. Tan só consiste en usar os instrumentos que temos á nosa disposición para o combate de proximidade. Fumígannos con información que non informa e os efectos son devastadores para o noso medio. Pasa o camión, sulfata e quédanos a herba arrasada, as consecuencias irreversibles e o risco de incendio. Non resiste razón, nin vida, no medio da contaminación. O primeiro e imprescindible paso é a denuncia, a posta en común nun lugar libre no que comprobarmos que o resto dos veciños/as están a ver o mesmo que nós, que a actualidade non sempre sae na televisión.