Copiamos e colamos da web de Esculca:
O imputado rexeitou responder as preguntas da acusación popular comparecente sobre o acontecido e, ao ser perguntado pola xuíza de instrución, mostrouse incapaz de explicar convincentemente que motivos o levaran a entrar o 8 de xuño de 2012 na cela do preso que alegadamente teria agredido, limitándose a referir unha e outra vez o parte escrito pola propia institución penitenciaria.
Non obstante, a súa declaración si confirmou a veracidade das declaracións testemuñais dos presos, tanto no que se refere á hora de produción dos feitos como a outras circunstancias periféricas, e a súa presenza corroborou a descrición que do alegado agresor fixeran as testemuñas (individuo de cabelo roxo e grande envergadura fisica).
EsCULcA reiterou a solicitude de práctica de dilixencias consistentes en novas probas testemuñais.
Ver notícias anteriores sobre este suceso:
- 15/05/2012 Mais Malos Tratos e Impunidade em Teixeiro.
- 08/06/2012 EsCULcA apresenta querela contra funcionarios de Teixeiro por AGRESIÓN a un preso
- 13/05/2013 Citam a declarar como imputado a um carcereiro de Teixeiro no caso de agressom ao preso F.J.F.C.
eDu
No hay comentarios:
Publicar un comentario