17 jun 2013

Cartas dende a prisión dos catro anarquistas detidos en 30 de abril pasado

En 7 de maio publicamos acá en Abordaxe a noticia da detención de 5 anarquistas o 30 de abril no concello de Nea Filadelfia (Atenas). Sabiamos que dois deles, Fivos Charisis-Poulos e Argyris Dalios eran prófugos da xustiza grega dende o 15 de febreiro cando, no marco das investigacións relacionadas con o duplo atraco en Velvedo en 1 de febreiro (ler aquí noticias relacionadas) que rematara con a detención de 4 compañeiros anarquistas (Giannis Mihalidis, Dimitris Politis, Andreas-Dimitris Bourzoukos e Nikos Romanos), se emitiran ordes de busca e captura na sua contra. Agora, tanto Fivos e Argyris como dous máis dos compañeiros arrestados (Giannis Naxakis e Grigoris Sarafoudis) están no cárcere acusados de varios atracos a bancos, mentras que o quinto, Dimitris Hadzivasiliadis, foi libertado con cargos minores (resistencia ao arresto,etc.) depois de porse en folga de fame e sede en resposta as condicións da sua detención (tal como contamos na noticia da detención).

Colamos agora acá os enlaces às Cartas dende a Prisión que escreberon os catro detidos e convidamos a sua leitura (en castelán) por se queredes saber máis deste caso:

Carta de Fivos Charisis e Argyris Dalios (en VivalaAnarquía)

Carta de Grigoris Sarafoudis (en Publicación Refractario)

Carta de Giannis Naxakis (en AlasBarricadas)

No hay comentarios:

Publicar un comentario