21 jun 2013

A liña divisoria de Estambul – Notas insurreccionais dende Taksim

Colamos de ContraInfo

De feito, non era completamente impredicible, pero dalgún xeito non puidemos ver que viña. Que estivo a facer a xente de Turquía ata esta revolta? Xs estudantes golpeaban axs profesorxs que lles daba notas máis baixas das que elxs se merecían. A xente apuñalaba xs doctorxs que desatendía os seus seres queridos. Disparaban a sarxentos para escapar e desertaban do servizo miitar obrigatorio. Atacaban estacións policiais e golpeaban oficiais da policía abusivos. Despois de que os tribunais desen o seu veredicto, a xente daba unha mostra do seu propio veredicto nos corredores dos tribunais. As mulleres dábanlles a súa propia xustiza aos seus violadores. Suicidábanse ante a presión de grandes exames, débedas das tarxetas de crédito...




A insurrección de individualidades e de grupos revolucionarios finalmente tocáronse e conectaron na Resistencia do parque Gezi (dende o 29 de maio ata a data). Así que quixemos compartir con vostedes algunhas das nosas observacións dende detrás das barricadas:

- Bloqueábanse as rúas, os maleteiros e asentos traseiros revisábanse para ver se secretamente ocultan bombas de gas para a policía. Xa que a policía usaba ambulancias para introducir bombas, coidadosamente, a xente buscábaas; lanzaban pedras aos camións de bombeiros pois observaban que transportaban auga para os canóns que apagaban o lume das barricadas.

- Controis de identidade para aquelxs que fose sospeitosxs de ser policías encubertos.

- Cámaras de vixilancia e cámaras foron desmanteladas e danadas.

- Levantáronse máis de 40 barricadas espectaculares. Usábanse pedras do pavimento, carteis publicitarios, sinais de tráfico, recolledores de lixo, o que se sexa que estivese a man ou arredor.

- Destruíronse bancos, caixeiros automáticos, carteis publicitarios e avisos de paradas de bus.

- Prendíase lume a colectores e autos da policía ou usábanse en beneficio de todxs.

- Envorcábanse, danaban e incendiaban máquinas de construción e buses.

- Expropiábase comida e subministracións necesarias de supermercados nos barrios.

- Envorcáronse e destruíron vehículos da prensa (unha camioneta de CNN).

- Tomouse un bulldozer para contraatacar os vehículos para o control de disturbios, e os canóns de auga foron expulsados das rúas.

- Mozxs que fora agredidxs e humilladxs pola policía cada día axustaron contas de forma record lanzándolles pedras e maldecindolles na cara.

- Tomaban camións e bulldozers e usábanse para construír barricadas.

- A xuventude desorganizada e, en boa medida apolítica, coñeceu, discutiu e aprendeu mutuamente tácticas e estratexias con grupos máis radicais e organizados.

- Miles de mozos tiveron a súa primeira experiencia enfrontándose ás forzas policiais.

- Organizábanse extensas redes solidarias espontaneamente para a comida, bebida, remedios para os lacrimóxenos e cigarros.

- Abríanse puntos de comida e bebida para distribuílas gratuitamente a quen o necesitara.

- A xente empezou a compartir freneticamente todo, chocolatinas, cigarros, comida caseira, comida que outrxs lles deran...

- Recollíase de forma colectiva lixo, mesmo as cabichas dos cigarros.

- Todo o mundo axudaba a todo o mundo con solucións anti-ácidas contra os lacrimóxenos nas barricadas.

- A xente abría as portas das súas casas, así como de pequenos cafés e tendiñas, para calquera manifestante, que estivese acorraladx pola policía.

- As amas de casa e máis veciñxs dos barrios uníanse ás protestas facendo ruído con cazolas, etc.

- Colocouse comida e kits de anti-acidez en diferentes puntos.

- Abríronse puntos de primeiros auxilios.

- Xs médicxs corrían de barricada en barricada durante os fortes enfrontamentos.

- Xs traballadorxs da rúa proliferaban felizmente en ausencia da policía, que normalmente lles persegue e lles confisca as cousas.

- Xs traballadorxs do sexo, incluídxs transexuais, podían traballar, pasear e mesturarse co resto libremente sen que se lles agredise.

- Unha zona baleira pechada liberouse para uso público e converteuse nun parqueciño.

- Outras casas baleiras, pechadas por hipotecas, se okuparon e puxéronse en uso.

- Creouse un pequeno horto urbano.

- Abriuse unha libraría gratuíta.

- A xente lía fanzines e panfletos como nunca fixera antes. Pensaban en cousas nas que nunca antes pensaran.

- A xente reclamaba e fixo súa de novo a rúa con pintadas, equipos e diferentes bandeiras e cores en vez de carteis e anuncios.

- En vez de ir a traballar ou volver a casa en transporte público ou taxi, a xente marchaba devagar baixo nubes de lacrimóxenos coreando consignas e insultos. Xa non estaban asustadxs, seguían marchando.

- A xente determinaba os seus plans, non partidos, poderes ou líderes.

- Nin unha muller foi agredida. Marchaban libremente, pasearon e quedaron no parque.

- A xente pasaba o tempo xunta, en vez de matalo diante da televisión ou a pantalla do ordenador.

- As masas estaban desilusionadas e empezaban a criticar abertamente aos medios de masas.

- Xs kurdxs ondeaban libremente as súas bandeiras guerrilleiras (PKK), exhibían imaxes do seu líder guerrilleiro que está baixo arresto (Apo) e entretíñanse cos seus bailes colectivos tradicionais. Os nacionalistas, quixérano ou non, tivéronse que acostumar a iso, houbo algúns que non puideron resistirse e uníronse aos bailes.

- Xs activistas de clase media, cos seus patróns de hixiene burguesa impoluta, comían a mesma comida, cagaban nos mesmos baños portátiles e pasaban longos períodos sen bañarse xunto coa xente sen fogar e animais vagabundos.

De feito, a xente decatouse de que a vida sen pacos é ALEGRÍA

"A vida é tan aburrida que non hai nada que facer á parte de gastar todos os nosos salarios nunha faldra ou unha camisa.
Irmáns e Irmás, cales son os vosos verdadeiros desexos?
Estar sentad@ na cafetaría, a mirada distante, baleira, aburrida, beber un café que non sabe a nada? O quizas VOALA OU PRENDERLLE LUME"

-The Angry Brigade

No hay comentarios:

Publicar un comentario