21 jun. 2013

A Dirección Xeral da Policia defende que os seus membros poidan estar encarapuzados nos interrogatorios

Hai uns días informaramos neste blogue de que a dirección da policia recoñecía que dende hai anos usan pasamontañas para interrogar detid@s e dabamos conta da queixa por esta cuestión elevada pola Asociación Libre de Avogados (ALA) a defensoria do Pobo (ver acá), agora soubemos da resposta a esta queixa por parte da Dirección Xeral da Policía, quen non ten reparos en recoñecer tais prácticas que mesmo condena o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos, e xustifica-las.

Colamos o Comunicado de ALA ante tal resposta que recollimos e traduzimos da nova web de Tokata (acá):

Ante a queixa formal do Valedor do pobo na que se pedía información así como que se esixía finalizasen esas prácticas alleas un Estado Social e de Dereito, a policía contestou e da peor forma que podería facelo.

Na resposta que nos remitiu o Valedor do pobo, a policía alega que os funcionarios que se encapuchaban o facían por "entre outras cuestións" pola "seguridade dos funcionarios e a eficacia futura de determinados servizos policiais". Din que "está en xogo a salvagarda da vida dos funcionarios policiais" e que esta práctica non está "expresamente prohibido pola lei", malia que o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos declarase que a práctica de aparecer encapuchados ante as persoas privadas de liberdade supón unha práctica intimidatoria xerando unha sensación de inseguridade.

Igualmente, entendemos que se vulnera a obriga de exhibición de forma clara da súa identificación persoal, así como, se somete ao interrogado a un menoscabo da súa capacidade de decisión, conforme establece o Conxunto de Principios para a Protección de Todas as Persoas sometidas a calquera forma de detención ou prisión, de Nacións Unidas, Resolución 43/173, do 9 de decembro de 1988.

Dende ALA queremos recordar á Policía, os seus funcionarios e os responsables políticos que a disidencia forma parte do ADN dunha democracia. Sen disidencia non existe democracia e é función da policía protexer os dereitos fundamentais. Negamos, por ser un absurdo irracional e insostible, que ningún policía tema pola súa seguridade persoal ou integridade física na toma de declaracións onde se denunciou esa práctica que cada vez é máis habitual e é cuxo único fin amedrentar á persoa detida e impedir o exercicio dos seus dereitos.

Estas prácticas só teñen cabida dende a consideración como "inimigos" das persoas detidas e isto repugna ao estado social e de dereito. A policía ten conferido o uso lexítimo da forza, pero para a salvagarda dos dereitos fundamentais, non para a represión e o escarmento.

É inadmisible que publicamente pola Delegada de Goberno se manifestou que era unha práctica do anterior Goberno, ou que non se ía volver repetir, chegando a Xefatura Superior de Policía, a soster que se trataba dun "feito puntual" e que, non obstante, agora parece quererse amparar, e permitir que se siga producindo.

ALA continuará loitando pola dignidade das persoas detidas e presas e contra o abuso que con elas se cometa, e por iso esiximos que se prohiban de forma inmediata e expresa estas prácticas. ALA, igualmente, continuará denunciando estas prácticas e acudirá ás instancias oportunas que correspondan para rematar con estas prácticas.

Que sorprende sobremaneira que se defenda que os policías atendan encapuchados nas Comisarías aos cidadáns, porque non cabe alternativa, ou se está no respecto e defensa dos dereitos humanos e os valores democráticos, ou estase na defensa da impunidade dos malos tratos e torturas, dos tratos degradantes e fronte aos dereitos democráticos, e resulta lamentable que, no século XXI, se pretenda retrotraernos a defender a actuacións de encapuchados fronte a cidadáns privados de liberdade, recordemos que amparados pola presunción de inocencia, conxuntamente, con outros modelos que parecen inspirar á devandita DXP, como o dos Tribunais sen rostro peruanos da década dos anos oitenta, e cuxas actuacións foron anuladas pola Corte Interamericana de Dereitos Humanos, precisamente por carecer de xustificación ningunha nun sistema de respecto dos valores democráticos.

1 comentario:

  1. Eu defendo o meu dreito human a ir con carapucha, ou sin ela coma forma de vida e de defensa desa vida... antes de que me vexa obrigado a vela sua nunha sala de interogatorio cando a "defensa" nesa sala soio pode traer tortura ( a carapuchas son boas cando se poñen dende a liberdade ) polo cal prefiro que teman os cans bastardos da autoridade a miña liberdade de ponhela..ou nón, que temer a sua obriga (policial) a utilizala nunha sala cando xa estas "anulado"....
    Nada novo en Babilonia...
    http://www.youtube.com/watch?v=w1-oI3slL5w

    Saude!!!


    ResponderEliminar