8 may 2013

[Vigo] Sábado 11 .- Presentación Revista "O Golpe" na Cova

Dende Lapsus, distribuidora alternativa, convidan á presentación da revista "O Golpe" que terá lugar este sábado 11 de maio ás 20:30h na "Cova dos Ratos", r/romil,3 Vigo

Case un ano despois da súa aparición, e a uns meses da saída á rúa do seu novo número, teremos a oportunidade de coñecer da man dos seus editores as interioridades deste proxecto, poderemos discutir os contidos do número 1 "Política e Crise" e coñecer os temas que se tratarán no que será o número 2 deste proxecto que pretende ser "un convite ao pensamento crítico" e que apelou na súa presentación escrita a Tiqqun e á inspiración dos Black Panthers.

Agardámosvos!

P.D: Aproveitan para presentarnos o seu blog (acá), no que din que irán informando das novidades que lles cheguen aos andeis da distribuidora e dos actos nos que participen

No hay comentarios:

Publicar un comentario