15 may. 2013

[Vigo] Mércores 22 as 20:30' na Cova dos Ratos: Charla sobre a Represion ao Movemento de Dereitos Animais e depois Concerto

Escrebenos dende A Cova dos Ratos para axudar a difundir esta convocatoria, cousa que facemos gostosas:

Entre os días 3 e 26 de Maio, dous activistas imputados no “golpe represivo ao Movemento de Dereitos Animais” viaxarán por todo o Estado Español co obxeto de dar a coñecer a represión e o montaxe policial que está padecendo o Movemento de Dereitos Animais estatal e internacional

Eneko Pérez, de Bilbao e Eladio Ferreira, de Vigo que pasaron 5 días nos calabozos de Santiago de Compostela e 19 días en prisión preventiva e que hoxe atópanse xunto a 10 compañeir@s en liberdade provisional e xunto a 13 nov@s imputad@s, percorrerán a xeografía estatal pasando por 18 cidades donde esperan chegar á treintena de conferencias.

Estes dous activistas, xunto cunha vintena máis están imputados nun caso de claro montaxe policial e xudicial. O seu traballo non foi outro que documenta-la vida que padecen os visóns nos criadeiros da industria peleteira e se lles pretende relacionar con 2 sueltas de miles de visóns acontecidas entre o ano 2007 e 2009 coas que non teñen relación algunha.

Na conferencia mostraráse o traballo que levan a cabo e fárase unha análise de cómo os poderosos lobbies das industrias de explotación animal foron xerando unha campaña de comunicación e de represión contra o movemento ecoloxista e de dereitos animais dende os derradeiros 30 anos no mundo enteiro.

Así en Vigo a charla terá lugar, tal como dixemos no titular da noticia e anunciase no cartaz, o Mércores 22 às 20:30' na Cova, e depois haberá Concerto de Aitormenta( Rumba, Blues, Rock e Carallada!!). Para quen aínda non saiba, recordamos que A Cova dos Ratos está ubicada na rúa Romil nº3, baixo.



Cuña de radio

Para calqueira dúbida podes escreber a info@represionderechosanimales.info

Datas e lugares detallados das charlas (ver acá)

Máis información sobre o proceso represivo (ver acolá)

DIFUNDE!

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada