21 may. 2013

[Vigo] MaNifesTacióN EUropEa: "PObos UNIdOs conTRa aTRoiKa". 1 XUñO às 12:00

Recibimos no noso correo esta información desde a Coordinadora 1X Vigo que colamos e copiamos tal como chegou:

Boas noites compañeirxs!

O 1 de Xuño a cidadanía europea manifestarase de xeito conxunto baixo o lema "POBOS UNIDOS CONTRA A TROIKA". Os estados portugués, francés, italiano, galego, escocés, español, grego, alemán... participarán nunha xornada de loita conxunta contra os tres responsables das medidas de austeridade: BCE, FMI e CE. Ese sábado 1 de Xuño, ás 12:00 Vigo sairá á rúa nunha manifestación que percorrerá as rúas da cidade dende a Praza de España á Porta do Sol.

Achegámosvos material de difusión (ver e/ou descargar acá) para darlle eco a esta manifestación entre todxs. Podedes utilizalo do xeito que prefirades e modificar o texto se o considerades oportuno (iso si, se podedes por favor respectade o lema e o logo internacional pactados entre os diferentes grupos de traballo dos distintos países):

- 2013-1X Cartel-A3_05: cartel da manifestación para a difusión en redes.

- 2013-1X_Cartel A3_05_XORNADAS: cartel das xornadas "Construíndo alternativas... Vigo contra a troika!" para difusión en redes.

- Octavillas_Anverso e Octavillas_Reverso: gráfico en tamaño A4 a branco e negro, co cartel en Octavillas_Anverso e texto de difusión en Octavillas_Reverso, para imprimir a dúas caras e cortar en catro octavillas en tamaño A6.

- Banner Grupos: coas medidas axeitadas para os grupos de facebook.

- Banner Timeline: pensado para compartir nos timeline das fanpage de facebook

(obviamente os dous banners poden empregarse en Diáspora, N-1, páxinas web e difusión xeral en redes)

- Correo de difusión (imaxe)

- Texto Modelo de xustificación da manifestación na web.

En breve enviaremos tamén o correo de difusión xeral.

Saúdos e grazas pola difusión!!

2 comentarios:

  1. "Os estados portugués, francés, italiano, galego, escocés, español, grego, alemán... participarán nunha xornada de loita " que mal espresado, dudoo moito que sea o estado quen loite. "estado galego" iso nin existe. terian que utilizar outro termo ou poñer que nos nomeados estados tera lugar unha xornada de loita non que van loitar os estados. xa sei que isto e un corta pegua como xa se aclara no comezo pero e que casi me da mal o ler iso tiña que dicir algo

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pois nada, espero que ficaras satisfeito depois do descargue e que nom te dera mal algum. Nom sei que fariamos sem gente como tu.

      Aqui tês a única ligaçom que atopei desta convocatória (é do feisbuk):
      https://www.facebook.com/events/191510224336292/

      Por se queres seguir com a tua laboura cibernética de criticar o que outras organizam ou fam público.

      Para que nom fiques com as ganas de seguir impartindo leçons da tua sabiduria e de corregir a quem tam mal se expressa.

      Eliminar