15 may. 2013

Un novo caso de corrupción de carcereiros: Deteñen ao Subdirector de Brians 2 por Pornografía Infantil

Noticia recollida e traducida do Boletín Tokata:

Deixamos unha breve nota do aparecido en prensa e facemos un breve relatorio de noticias para poder ver o grao de decadencia moral e de corrupción que se dá nos que teñen a custodia das persoas privadas de liberdade.

O subdirector da área de tratamento da prisión Brians 2 presentou a súa renuncia -Xustiza aceptouna- tras ser detido en Barcelona por presunta posesión de arquivos de pornografía infantil. A detención tivo lugar o xoves pasado (9 de maio) por parte de axentes da Policía Nacional e o detido quedou en liberdade provisional con cargos tras declarar en comisaría, á espera de que o xuíz o cite.

A brigada de delitos tecnolóxicos da Policía Nacional detívoo tras rexistrar o seu domicilio. No rexistro, os axentes comisaron un ordenador para ser analizado.

O subdirector detido era o encargado de dirixir os equipos de psicólogos e educadores que deseñan e aplican os programas de reinserción aos reclusos e que interveñen en decisións sobre se se lles deben dar permisos, un terceiro grao ou outros beneficios penitenciarios.

Só unha breve mostra da integridade dos cárcereiros e tecnócratas:

O Boom Dos Cárceres Corruptos

Un Preso Graba Un Vídeo Onde Se Recolle A Corrupción E As Malas Condicións Da Prisión De Valdemoro

Sobre A Condena A Un Funcionario De Prisións Por Abusos Sexuais En El Acebuche

Corrupción No Cárcere De Huelva

A Generalitat Valenciana Condenada Por Abusos Sexuais Nun Centro De Menores


O TS Condena Ao Subdirector De Langraiz Por Abusos Sexuais A Duas Presas

Posicionamento Ante A Petición De Indulto Presentada Polo Ex Subdirector De Seguridade De Nanclares, Condenado Por Facer Proposicións Sexuais Às Presas

Un Carcereiro De Picassent Condenado Por Corrupción: Sacoulle Diñeiro A Familia Dun Preso Con Falsas Promesas De Adiantar A Sua Liberdade, Conseguirlle Un Terceiro Grado Ou Permisos

A SXIP Estaba Ao Corrente Dos Abusos Sexuais De Alcalá Dende 2006

Un Celador Do Psiquiátrico De Fontcalent Xa Acusado Anteriormente De Maus Tratos Procesado Por Abusos Sexuais E Posible Violación Dunha Interna

Ex Preso Denuncia Corrupción No Centro Penitenciario De El Acebuche

Quén Entra Estas Inxentes Cantidades De Droga Nos Cárceres?

Paus Para Uns, Para Outros… : O Director Non Expedientou A Un Recluso Que Era O Seu Confidente

Xuízo Por Torturas En Quatre Camins: Identifican Ao Subdirector Médico e A Unha Funcionaria Como Principais Agresores Dos Presos

1 comentario:

  1. Outra máis:

    Condenan a un funcionario por cobrar a comida que metían no cárcere:

    http://andaluciainformacion.es/sevilla/294326/condenan-a-un-funcionario-por-cobrar-la-comida-que-metian-en-la-carcel/

    Un funcionario de prisiones de Sevilla ha sido condenado por cobrar 120 euros a cambio de permitir la introducción en el centro penitenciario de doce hamburguesas, doce huevos y una bandeja de chorizos que le entregó la esposa de un recluso.

    El funcionario J.A.M.L. ha sido condenado por un delito de cohecho a un año de prisión, multa de 900 euros e inhabilitación de dos años para cualquier cargo o empleo público, según la sentencia a la que ha tenido acceso Efe.

    La resolución recoge que el acusado, de 32 años, era funcionario en la cárcel de Morón de la Frontera (Sevilla) y el 22 de abril del 2012 "con ánimo de obtener un provecho propio y a sabiendas de ser contrario a su deber, aceptó introducir diversos alimentos en el centro penitenciario a cambio de 120 euros".

    Se trataba de doce hamburguesas, doce huevos y una bandeja de chorizos que la entregó la tarde anterior la esposa del recluso E.S.M., si bien la bolsa que los contenía fue incautada por funcionarios del economato de la prisión.

    El juicio por estos hechos no llegó a celebrarse porque el acusado los reconoció y aceptó la condena solicitada por el fiscal, que le aplicó la atenuante de confesión.

    ResponderEliminar