25 may. 2013

Detencións polos incidentes da manifestación anticapitalista do primeiro de maio en Barcelona

Varios medios contrainformativos recollen a detención, onte pola mañá, de tres persoas acusadas de danos e desordes acontecidos durante as protestas do pasado primeiro de Maio en Barcelona. Os arrestos efectuáronse en Mataró, El Masnou e Vic, e polo menos un dos detidos sería de ideoloxía anarquista. Os mossos acúsanos de facer pintadas e romper os cristais de entidades bancarias no transcurso da manifestación alternativa, que rematou con detencións e cargas policiais.

Non se fixeron esperar as concentracións solidarias esixindo a liberdade dos arrestados, que durante a mañá de hoxe deberían pasar a disposición xudicial.

Semella que o estado, farto de soster a súa falsa aparencia dialogante, decidiu pasar á ofensiva contra aqueles que se lles opoñen sacando á luz a súa verdadeira natureza represiva. E é que a "tolerancia" e a "actitude democrática" son moi doadas de defender cando non existe unha oposición real, pero cando o pobo empeza tímidamente a afearlles a conduta aos de arriba, pronto se disipan os panos quentes e as medias tintas para sacar á luz a esencia totalitaria do sistema capitalista-parlamentario. É por iso que día a día a ofensiva represiva se recrudece (detención de xornalistas non adeptos ao réxime, acusacións de terrorismo por comentarios en redes sociais, criminalización da protesta, arresto de disidente...) para deixar definitivamente claro que a democracia non tolera disidencias, quen se opoña ao capital será reprimido e, o peor de todo, será en nome da liberdade e do pluralismo.

Noticías das detencións (en catalán) en "A las barricadas" -AQUÍ e en "Directa" -AQUÍ.

Ribas

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada