17 abr 2013

[Vigo] Sábado 20 abril Xuntanza Coordinadora actos día 12M World Human Tide (Marea Humana Global) convocada por ECOAR)))

De ECOAR))) (Espazo de Contra)discurso, Coordinación e Construción de Alternativas e Resposta Social) chegounos esta Convocatoria Aberta a Colectivos e Movimentos Sociais de Vigo:

Vigo sairá á rúa o vindeiro 12 de Maio para unirse á acción internacional 12M World Human Tide (Marea Humana Global). Poñémonos en contacto convosco para informarvos da xuntanza que se producirá na mañá do vindeiro sábado 20 de Abril na cidade para planificar a manifestación e accións previas (do 6 ao 12 de marzo) entre xs diferentes participantes sociais a partir da conformación dunha Coordinadora Cidadá. Esa reunión servirá para estruturar a resposta colectiva durante este período vertebrándose nunhas liñas ideolóxicas mínimas:

• Actuar Sen Medo.

• Anticapitalismo.

• Antisistema..

• Denuncia da “Transición”.

• Dereitos Humanos

• Represión do Estado.


Día: 20 de Abril de 2013
Horario: 10:30-14:00
Lugar: Teatro Ensalle (Rúa Chile, 15, 36202, Vigo)
Contacto: ecoarvigo@gmail.com

Orde do día:

1. Información: Datos Clave.

2. Creación das acción e distribución de tarefas: 20-A ao 12-M.

3. Rogos e preguntas.

Como chegar:

A maioría das liñas de autobús pasan por Pi y Margall ou por Camelias, así que practicamente podedes coller calquera autobús. Debédesvos baixar na parada de Camelias do Froiz ou na de Pi y Margall do parque Camilo José Cela. Agora toca camiñar pola rúa Chile que tedes xusto ao lado e no número 15 tedes o Teatro Ensalle.

Saúdos!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario