2 abr. 2013

[Ponteareas] Xoves 4 de Abril as 21:00' “Mate y Arcilla” en Pontedocu


Recebemos no correio e damos conta da proxección deste documentario na xá lendaria actividade das compas do Ateneo Libertario "Lume Negro" de Ponteareas que terá lugar, como ven a ser habitual, no primeiro xoves de cada mes no Enigma café-bar.

Neste mes de abril de 2013 será proxectado o documentario "Mate y Arcilla" que xira en torno a antiga fábrica de Zanon (na Arxentina), e que hoxe, depois de estar ben tempo ocupada polos seus operarios, fica convertida na cooperativa FASINPAT (Fábrica sen patrón).

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada