22 abr. 2013

[Madrid] Venres 26: Manifestación "Ningún privilegio para las iglesias"

As compas da Fundación Aurora Intermitente enviaronos à nosa caixa de correo esta convocatoria que, se ben ten lugar en Madrid, consideramola importante a sua difusión, dado o cariz que tomou esta iniciativa ao ser prohibida pola delegada do Goberno en Madrid, Cristina Cifuentes, na sua primeira convocatoria solicitada para o 28 de marzo ("xoves santo"), por , segundo ela: presentala fora de prazo, se ben, pouco depois a mesma Cifuentes asegurou que a marcha 'atea' non se tería autorizado incluso se os seus promotores o comunicaran dentro do prazo previsto ao supoñer "unha grave alteración" da orden pública. Colamos pois, unha vez traducidos, o texto da nova convocatoria e o comunicado ao respeito da prohibición da 1ª convocatoria:

Manifestación "Ningún privilexio para as igrexas. Sen subvencións ás igrexas, teriamos o mellor ensino do mundo. Ensino público e laico".

Apreciables amigos e amigas:

O próximo VENRES 26 de abril às 20.00 h. dende a praza de Lavapiés parte a manifestación que este ano, novamente, impedironos levar a cabo o pasado xoves que chaman Santo.

Aínda que o lema da manifestación é a prol dun ensino público e laico, este non é o único motivo, hai máis.

Se non é suficiente a usurpación que fai a Igrexa das propiedades coas inmatriculacións, mentres que á clase traballadora nos quitan tractores, ferramentas, talleres e nos desfiuzan das vivendas, engadindo que do produto do noso traballo se nos subtraen a través dos impostos do Estado e entregado aos lobbys, un deles a ICAR (Igrexa Católica e Apostólica)... podemos facer unha longa lista. Engadimos a xeito de exemplo máis expresivo as declaracións de Bergoglio nas que afirma a Rajoy que a Igrexa debe de ocuparse da educación, que debe ilegalizar o aborto e o matrimonio gay, etc, é dicir: manter o adoutrinamento das conciencias, negarnos a posibilidade de decidir sobre o noso corpo, a nosa sexualidade e os nosos bens comúns.

Ser anticlericais porque queremos desterrar o clericalismo da vida social para alcanzar unha sociedade de seres humanos libres e felices.

Por todo iso, e por moito máis, convocamos a manifestación o próximo VENRES 26 de abril ás 20.00 dende a praza de Lavapiés á praza de Tirso de Molina.

Nin unha mente mutilada! Nin un corpo sen alegría!

Pola Liberdade de Expresión e Manifestación!

Asemblea Veciñal La Playa de Lavapiés
Asociación de Ateos e Librepensadores de Madrid (AMAL)
Asociación Librepensadores
Grupo Anarquista Volia (FAI)

Con respecto á anterior convocatoria prohibida do pasado 28 de Marzo

Comunicado con motivo da prohibición da manifestación "Ningún privilexio para as igrexas. Sen subvencións ás igrexas, teriamos o mellor ensino do mundo. Ensino público e laico".

As asociacións e grupos organizadores da manifestación queremos expresar o noso máis enérxico desacordo cos argumentos esgrimidos pola Delegada do Goberno para prohibir esta e por iso expoñemos:

. A argumentación da Delegación é errónea pois o envío, segundo se aprecia na data do fax e que recoñece esa Delegación, se produce o 19 de marzo ás 10:00 horas e a petición é para o 28 de marzo ás 20:00 hrs., polo que se encontra dentro do prazo xeral, sobrando algunhas horas, e para facilitarlle o traballo á Delegación pasamos a explicalo:

19- 1, 20- 2, 21- 3, 22- 4, 23- 5, 24- 6, 25- 7, 26- 8, 27- 9, 28- 10.

Polo tanto estamos a falar de dez días e algunhas horas, pois a petición se realizou ás 10:00 hrs. e a manifestación solicítase ás 20:00 hrs. Polo que no noso coñecemento estamos dentro do prazo xeral.

. Que en calquera caso, para nós é fundamental a súa celebración o día 28, pois un dos motivos é facer patente os "Privilexios da Igrexas" e para iso é importante realizalo un día onde a igrexa católica invade as nosas rúas, prohibindo e recortando o dereito a outras expresións cidadás, polo que en calquera caso sería doado entender o carácter de urxencia desa solicitude.

. Que é de rango superior o dereito á manifestación e á expresión libre das opinións, garantida pola nosa Constitución nun país aconfesional, que o de calquera interpretación administrativa discutible, e que recorte estes dereitos.

. A nosa intención. Con este acto preténdese denunciar a inmensa cantidade de diñeiro, 11.000 millóns de euros dos impostos de todos, que o Estado entrega anualmente ás igrexas. Non solicitamos ningunha manifestación atea, senón unha manifestación de protesta por estes privilexios económicos, nunha época de crise na que se está a recortar en servizos sociais esenciais. É a propia Delegación a que transformou esta denuncia económica nunha cuestión política e ideolóxica. A nosa demanda é clara: Co diñeiro que anualmente se detrae dos cidadáns para a igrexa, teriamos o mellor ensino do mundo.

. O día elixido. O dereito á reunión, á manifestación e á libre expresión é de todos e todos os días. Nun Estado democrático e aconfesional, estes dereitos fundamentais non deberían estar limitados polo calendario de festexos cristiáns nin de ningunha outra relixión.

. O lugar elixido. As rúas propostas, tres itinerarios diferentes no barrio de Latina, discorren na súa maioría por unha zona de circulación restrinxida, polo que son de escaso tráfico. Nesta zona sitúanse parroquias, si, como en calquera outra da cidade de Madrid. O percorrido e a hora foron estudados para non coincidir con ningunha procesión católica. Non queremos provocar a ninguén nin ferir a nosa propia sensibilidade con imaxes de sufrimento.

. A vulneración da orde pública. No caso de que a orde pública se vexa alterada pola presenza de contra-manifestantes ou grupos antagónicos a esta manifestación, a obriga da Delegación do Goberno é defender a nosa integridade física e o dereito a manifestarnos, e non nos prohibir a libre expresión.

Lamentamos unha vez máis que a presión como lobby da igrexa católica, e posiblemente a influencia ideolóxica da Delegación do Goberno, se poñan por enriba dos intereses constitucionais dos cidadáns.

Finalmente, manifestamos a inquebrantable intención de seguir reivindicando os nosos dereitos como seres humanos sans e libres.

Asociacións e grupos organizadores da manifestación

"Ningún privilexio ás igrexas.
Dos meus impostos, ás igrexas CERO
Sen subvencións ás igrexas, teriamos o mellor ensino do mundo.
Ensino público e laico".


Madrid 25 de marzo 2013

Ilustración: Os nosos deuses antiguos (1916) de Saturnino Herrán (1887-1918)

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada