8 abr. 2013

Jaime Giménez Arbe "El Solitario" en Folga de Fame e Sede

No pasado 25 de marzo Jaime Giménez Arbe "El Solitario" foi transladado ao cárcere de Soto del Real, Madrid V, para asistir mañán día 9 de abril a un xuizo, o pasado luns 1 comezou umha folga de fame e anunciou que dende o venres 5 seria tambén de sede.

Os motivos para tan drástica medida son que pediu ficar no estado español para cumprir acá as suas condenas e de momento segue preso no CP Monsanto de Portugal (coñecido como o Guantanamo portugues).

Francisco Javier Álvarez, o seu avogado, conta que "El, en Portugal, está sometido a un réxime moi estricto: está 22 horas ao día encirrado numha cela el só, todas as suas comidas fainas dentro da sua cela, sae duas horas ao día e sempre só ou, como muito, acompañado de duas persoas, viste con un mono marrón, non lle permiten levar a sua propia roupa".

Mais sobre a sua situación en Portugal: Consultar acá

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada