3 abr. 2013

[Francia] : Comunicado de Mike tras a súa excarceración

Hai cousa dun mes publicabamos en Abordaxe a Carta do preso anarquista Mickaël Dupanloup, Mike, na que dava conta que dende o 7 de xaneiro, estaba a cumprir unha pena de 4 meses pola fabricación dun artefacto explosivo en 2009 que provocara unha explosión accidental na que a sua compañeira Zoé morrera e da que el ficara gravemente ferido (ver acá). Agora soubemos que Mike xa está doutro lado do muro e ven de facer pública estoutra Carta-Comunicado que recollimos e traducimos de ¡VivaLaAnarquia!:

O 9 de marzo, saín do cárcere. Tras case 4 anos de procedemento represivo vinculado a unha explosión en maio de 2009 en Chambéry na que a miña compañeira Zoé faleceu e onde eu fun gravemente ferido.

Pasei, pois, algo de 4 meses encerrado nos cárceres do Estado francés (2 en preventiva despois do accidente e 2 tras o proceso) e máis de 3 anos baixo control xudicial cun ritmo marcado polas temporalidades e as restricións xudiciais, así como o risco de volver ao cárcere por cada indicio de liberdade que arrancaba regularmente dos seus requisitos.

A pesar de que o procedemento xudicial se rematase e porque a xustiza sempre intenta manter un control a longo prazo, quédanme 6 meses de cárcere condicional e a ameaza dunha pena firme en caso de reincidencia.

A pesar de que estou na rúa, é obvio que esta páxina do pasado non pasou porque Zoé deixa un baleiro doloroso no meu corazón así como no das suas achegadas e que o cárcere e as miñas feridas me deixarán pegadas indelebles na cabeza e o corpo.

É evidente que non intentarei enterrar as secuelas causadas pola miña reclusión e que a miña rabia cara á este sistema social está agora máis reforzada, así como a miña determinación a loitar por un mundo sen opresión nin dominación.

Quixese tamén aproveitar este texto para agradecer a todas as persoas que demostraron solidariedade durante a miña encarceración e polos numerosos correos e cartas que me permitiron vivir este período o máis comodamente posible, así como á caixa de solidariedade Kaliméro polo seu apoio económico moi útil na precariedade carceraria.

¡Porque a liberdade será sempre aparente mentres haxa persoas enfrontándose á coaccións carcerarias e aos controis do Estado!!

Porque un mundo sen dominación nin opresión non se mendiga nin se vota senón se constrúe, ¡ que vivan as revoltas!!

¡Morte a este mundo de merda e todo o que lle permite existir!!


Mike

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada