29 abr 2013

Convocatorias libertarias para este 1º de Maio en Galiza


Como xa fixemos o primeiro de Maio pasado, repasamos dende "Abordaxe" as convocatorias que, para este día dxs traballadorxs, lanzaron en Galiza aqueles grupos que se reclaman libertarios (se se nos esquece algunha facédenolo saber):

Primeiramente damos difusión á convocatoria en Lugo dunha manifestación anarquista prevista para as 18 h e con saída da Horta do Seminario. O feito de que se convocase pola tarde responde á idea de facilitar que xente doutras localidades poidan achegarse a esta despois de participar nas protestas das súas respectivas cidades. Está convocada de modo xenérico e á marxe de siglas por varios colectivos e individualidades anarquistas de toda Galiza, do mesmo xeito que o ano pasado fíxose unha similar en Ourense (-Aquí).

Por outra banda, as dúas centrais anarcosindicais lanzaron convocatorias para bastantes cidades galegas, a saber:

Por parte de C.N.T., e baixo o lema "Rompamos co seu xogo. Construamos a alternativa":

VIGO
Manifestación CNT: Saída ás 12h. do Paseo de Alfonso XII (Olivo) e remate na Praza da Independencia. Posteriormente terá lugar no CSOA "Xuntas" (Rúa do Carme, 1) unha tarde de confraternización.
http://www.cntgaliza.org/?q=node/1520

PONTEVEDRA
Manifestación CNT, CGT: Saída ás 13h. da praza da Ferrería.

VILAGARCIA DE AROUSA
Manifestación CNT: Saída ás 12h. desde a Casa do Mar (Avda. da Mariña S/N).
http://www.cntgaliza.org/?q=node/1524

COMPOSTELA
Manifestación CNT, CUT, Asemblea Aberta de Compostela e Asembleas Abertas de Estudantes: Saída ás 12:30h. desde a Praza do 8 de Marzo (Porta do Camiño) e remate na Praza do Toral.
A continuación celebrarase un comedor popular (a partir das 14:30h.) no Parque de Belvís.
Finalmente, a partir das 18h. haberá espectáculo de improvisación teatral e fecharemos o dia cun concerto a cargo de Terbutalina, O Leo I Arremecághona, O Leo de Matamá e En-Riquiño.
http://www.cntgaliza.org/?q=node/1525

OURENSE
Manifestación CNT, CGT, CUT e colectivos sociais: Saída ás 12h. da ponte Romana (do lado Avda. Caldas) e remate nos Xardíns Padre Feijó, onde se colocará un posto informativo da CNT a partir das 16h.
http://www.cntgaliza.org/?q=node/1527

LUGO
Manifestación CNT e colectivos libertarios: Saída ás 18h. da Praza Horta do Seminario.

FERROL
Manifestación CNT e CUO: Saída ás 18h do cantón e remate na Praza do 10 de Marzo.

Info extraída de http://www.cntgaliza.org/?q=node/1526


Por parte de C.G.T. sabemos destas dúas convocatorias:

CORUÑA: Convocada xunto coa C.U.T. Con sída da Praza de Pontevedra, ás 12:30 horas.
Máis info -Aquí.

PONTEVEDRA: Convocada xunto a C.N.T. Con saída ás 13,00 h, da Praza da Ferrería, baixo o lema “Polo reparto da riqueza e o traballo, a loita continúa”.
Máis info -Aquí.

Info extraída de http://www.cgtgalicia.org/

Nova elaborada por C.R.

17 comentarios:

  1. Por favor, comecemos a matar o xénero, xa dan arrepios de ler traballadOres...

    Un saúdo e apertas libertarias!

    ResponderEliminar
  2. Vaia!

    Nom sabia eu que a CNT convocara junto a Colectivos Libertários em Lugo !!

    Sim é certo que figura na sua página web, pero é a primeira notícia que tenho de que a Manifa de Lugo fosse unitária com a CNT, pensei que era umha convocatória libertária sem siglas algumha.

    O que som as coisas!! E a CGT nom convoca??

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. ogh my good..
      que sacrilexio...

      se os estan acabando los creditos momias
      INSERT COIN

      Eliminar
  3. A convocatoria formulouse sen siglas de ningún tipo. De feito, cando se decidiu lanzala entre xente de diversas localidades galegas, nada se sabía da intención de C.N.T. de secundala. Polo que eu sei, ninguén de entre quen decidiu convocala sabía nada ata hoxe da intención de C.N.T. Lugo de convocar tamén a mani. O que está escrito na entrada de arriba (onde sae a convocatoria de C.N.T. Lugo) é un curta e pega da páxina de C.N.T Galicia. Supoño que o que quererán dicir é que se apuntan á mani, pero a convocatoria en si é para unha manifestación plural e sen siglas, para que a poida facer súa calquera libertario. Que veña quen queira pero o cartaz e claro, "manifestación libertaria" e punto.

    ResponderEliminar
  4. en ningun momento se organizou con CNT. apertas

    ResponderEliminar
  5. estou na organizacion e en ningun momento se organizou con CNT, non comecemos a tirar merda...non sei quen enviou iso pero esta mal. saudos.

    ResponderEliminar
  6. A saber... a CNT de Lugo son 4 chalados...

    ResponderEliminar
  7. pois aberá q contrastar mellor a informacion...a mani esta organizada pola coordinadora q eu saiba...non se pode falar de mani unitaria por un "corta e pega" da paxina de CNT.

    ResponderEliminar
  8. tan sinxelo coma chamar á CNT de Lugo é comentarlles que qué é o que están a facer...

    681 209 814, isto é tirado da web

    ResponderEliminar
  9. Interesante cartaz da CNT com o "rato" na orelha, mas eu tenho umha mosca e de ai a minha pergunta "retranca-retórica" do 2º comentário.

    Nom se trata de tirar merda contra as organizadoras (bem sei que a organizaçom partiu da Coordinadora formada por individualidades e colectivos libertários ao margem de sindicatos) senom de destacar a atitude de chuchasangues da CNT.

    Se fossem minimamente dignos, na sua web apontariam que se sumam ou secundam a convocatória da Manifa Libertária, pero nom, tal como figura e podedes lêr na notícia que colou o compa C.R., semelha que a mani de Lugo é convocada pola CNT (em 1º lugar e em maiusculas como corresponde as siglas com entidade) e "colectivos libertarios" (em 2º lugar e em minúsculas como corresponde a secundones sem identidade algumha) e por suposto as individualidades nem existem.

    E se alguém pensa que tiro merda, poida que acerte, pero a minha ponteria soe ser boa e vai dirigida contra quem (ao meu parecer) merece-a.

    E se bem parece-me moi bem que venha toda pessoa que quiger (tenha ou nom cartom sindical), também gosta-me ponher as coisas no seu sítio (ainda que tenha que remover merda).

    Por outra, nesta página, eu sempre assino os meus comentários (ao igual que fago com as notícias que nom som só corta e cola) e nom me agocho em anonimatos (opçom que respeito ainda que nom pratico).

    ResponderEliminar
  10. Eu non vexo tanta malafe... simplemente a CNT de Lugo son catro vellos da FAI, que cando lles preguntaron se facían algo no 1 de Maio, coma eles non fan nada nunca, dixeron que chamarían á xente a ir a mani libertaria.... é todo unha confusión... mais EDU, tampouco busques escusas para tirar merda, xa sabemos que non as necesitas. Todo isto se soluciona cunha chamadiña á CNT de Lugo, que ten un teléfono público. Constame que á CNT galega non lle interesa esta mani, é máis, canto mais lonxe mellor, por explicar os motivos de xeito respetuoso, estos serían a diferencia entre movemento popular de masas e movemento contracultural, que cada quen loite ao seu xeito, e se ai algún malentendido que se solucione falando, que é o que fan as persoas.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pero, qué hostias dis?? Porque tenho eu que chamar a CNT Lugo, para qué !!! ???

      Eu para criticar esta atitude da CNT nom preciso de escusa algumha (onde vês tu, persoa anónima, que busque escusas??).

      Es tu quem as expom: Que se som quatro velhos da FAI (eu também som velho pero nom as "fago" assim), que se tudo é umha confusom, que se a CNT galega nom lhe interesa esta mani.

      Pois para nom interesar-lhes nom sei a que vem que a publicitem na sua web (que lembro nom é a web da CNT Lugo, senom da CNT galaica http://www.cntgaliza.org/?q=node/1526).

      Nom me venhas com maus entendimentos, e em tudo caso quem tem que mudar algo seriam quem se apropria dumha convocatória que nom é a sua nem se lhe mandou convite (se querem vir serám bem recebidas pero que cada pau aguante da sua vela)

      Eliminar
  11. o marxe do espectaculo cibernetico, na realidade que é a rua, nos veremolas caras, ali estaran 3 de CNT cunha pancarta e unhas cuantas decenas de anarquistas.Eu vexo a mesma actitude de "barrer pa casa" e aglutinar todo concepto anarquista debaixo das suas sacrosantas siglas xa ven caducas...persoalmente tanto me da a sua actitude xa que cos feitos falaremos...

    ResponderEliminar
  12. como está el anarcómetro

    ResponderEliminar
  13. pero que carallo dicides de chamar a CNT Lugo???

    En todo caso que a chame quen organiza a convocatoria que eles estan a manipular.
    Vou andar a andar chamando a ningun lado....
    Os acratas de Lugo que solucionen as tonterias da suan vila, como facemos os demais e que se deixen de tirar balons fora

    ResponderEliminar
  14. A min persoalmente dame igual o que faga a CNT.
    O forte de todo isto é a publicación das súas convocatorias e as de CGT en Abordaxe. Non era que non publicabades convocatorias nin de partidos nin de sindicatos?????

    Eu o sinto pero o que facedes e dasfacer o camiño andado.


    Viva a loita anrquista!

    que lle fodan ao voso movemento!

    ResponderEliminar
  15. Menudo espéctaculo!! Todo este tipo de movidas o único que fan é perxudicar aos implicados e salpicar ao resto. Cada 1 de Maio pasa o mesmo. Non sei se é polos sindicatos, pola coordinadora ou por abordaxe, que son os 3 que sempre están guerreando no percal.
    De tódolos xeitos a convocatoria de Lugo e a única convocatoria específicamente anarquista que hai en toda Galiza, pode que tan descafeinada como o resto das convocatorias e pode que non reporte nada de incidencia social,
    que sexa repetitiva e autoreferencial pero é a única... quen queira que vaia e quen non que faga o que teña que facer que tamén e moi lícito, non todo o anarquismo é a coordinadora.
    Xa se sabe cando mezclas peras con meninas pasa isto (anarcosindicalismo-anarquismo)

    ResponderEliminar