1 mar. 2013

O CORAZÓN ENGAIOLADO - A RABIA NO CORAZÓN

Recebemos, dxs compxs do Xornal Anarquista (en papel) "Aversión", esta Carta do preso anarquista Mickaël Dupanloup na nosa caixa de correos, quen escrebe estas notas:

Algunhas noticias dende o cárcere de Chambéry

Dende o 7 de xaneiro, estou a cumprir unha pena de 4 meses pola fabricación dun artefacto explosivo en 2009 que provocou unha explosión accidental na que a miña compañeira Zoé morreu e na que eu fun gravemente ferido.

Non quero que vos compadezades da miña sorte. Non son unha vítima inocente fronte a unha xustiza desproporcionada senón un individuo entre outros que non quixo entrar na triste realidade que a sociedade lle reserva e que o estado encerra para acrecentar o seu control e intentar manter o seu
autoridade.

Eu non son un vangardista revolucionario que mostra un exemplo a seguir e que busca sufrir para avivar a revolta de compañeiros, non son máis que un individuo que busca a emancipación colectiva para unha destrución das estruturas sociais e das normas proveitosas ao estado e ao capital.

Tendo desexos revolucionarios, rexeito a separación entre presos/ás "sociais" e "políticos/ás" e considérome "preso político" da mesma forma que todas as persoas encerradas.

Non son máis que un ser humano sedento de liberdade e que intenta vivir e loitar segundo a súa ética anti-autoritaria nunha sociedade construída baixo a opresión e a dominación e que padece loxicamente as consecuencias das suas eleccións.

Se a miña situación provoca cólera, cada un/ha é libre de cultivala e de darlle a forma que desexe.

Para que a rabia non se borre baixo o medo, Vivan as revoltas!

Morte ao cárcere e a este mundo de cemento de merda, Liberdade para todas e todos!!!


Mike

P.S: durante estes poucos meses de encerro, é posible escribirme a este contacto

Michael Dupanloup, numéro d'écrou (número de interno) 23007

M.A de Chambéry,

151 rue de Belledonne,

73011 Chambéry (France)

Para aquelas/os que nunca saben que escribir ás persoas encerradas, podedes igualmente participar ao gran concurso de postais sen risco ao ridículo.

4 comentarios:

  1. pode que esto vos goste, ou polo menos dará que pensar goste ou non "Jay-Z, Kanye West e a recuperação da rebeldia enquanto mercadoria" ollade o link
    http://lixojovem.blogspot.com.es/2012/07/jay-z-kanye-west-e-recuperacao-da.html

    ResponderEliminar
  2. Non é por ser desagradable, pero ó final na Abordaxe as administradoras ides ter que poñer un aviso ó comezo de cada entrada ou na columna lateral da dereita onde diga claramente que os comentarios son para comentar cousas relacionadas coa nova baixo a cal son publicados, e que para as demáis cousas está a caixa de correo.

    ResponderEliminar
  3. Concordo, mas crio que nom seria umha soluçom, porque eu crio que, quem gosta de publicar este tipo de comentários que nom venhem a conto para nada com a notícia, vam seguir fazendo caso omiso do avisso. Ve-se que o de escrever um correio nom tem sentido para quem quere notoriedade imediata e que a sua "ocorrente" proposta se veja publicada "ipso facto" nos seus blogues de preferência.

    ResponderEliminar
  4. sintoo e pido disculpas, agardo que saibades perdoar, non era a miña intención unha notoriedade inmediata. Aínda son moi nova nesto de ver blogs e navegar pola internet. Non volverá pasar. Saúde

    ResponderEliminar